Feás, Aranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Feás
Igrexa de San Pedro de Feás.
ConcelloAranga[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°14′46″N 8°05′06″O / 43.24602157, -8.08509081Coordenadas: 43°14′46″N 8°05′06″O / 43.24602157, -8.08509081
Área6,85 km²
Poboación103 hab. (2018)
Densidade15,04 hab./km²
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 103 habitantes (57 homes e 46 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.[2]

Feás no Catastro de Ensenada (1752).
Feás no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).[3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia de Feás ten unha superficie de 6,85 km²[4] e 13 núcleos de poboación.[5]

Situación[editar | editar a fonte]

Está situada no noroeste do concello de Aranga e no leste do arciprestado de Xanrozo.

Limita ó norte coas parroquias de Coruxou, Churío e Verís (nun pequeno tramo)[4][6] do concello de Irixoa; ó leste e sur coa de Muniferral e ó oeste coa de Santa María de Ois do concello de Coirós. No sur tamén toca nun punto a parroquia de Fervenzas.

Noroeste: Coruxou (Irixoa) Norte: Churío (Irixoa) Nordeste: Verís (Irixoa)
Oeste: Santa María de Ois (Coirós) Rosa dos Ventos Leste: Muniferral
Suroeste: Santa María de Ois (Coirós) Sur: Fervenzas e Muniferral Sueste: Muniferral

Orografía e hidrografía[editar | editar a fonte]

A parroquia limita polo norte co río Mandeo, pero consta ademais co regato da Fonte e o de Mollapán (ambos afluentes do primeiro).

Como é típico desta zona de Galicia, o eucalipto e o piñeiro son maioritarios, aínda que tamén haxa grande presenza doutras árbores.

A parroquia consta dunha grande zona principal de pouca pendente é dicir, bastante chá, entre os lugares de Flores (limitando con Coirós) e A Caropa (Iimitando con Muniferral, Aranga)

Demografía[editar | editar a fonte]

Século XVIII[editar | editar a fonte]

1752[7] 1768[8] 1787[9]
Veciños Habitantes
49 238 305

Século XIX[editar | editar a fonte]

1816/17[10] 1826[11] 1836[12] 1845[3] 1857[13] 1860[14] 1887[15] 1900[16]
Veciños 56 80 45 65 62 60
Habitantes 344 180 360 353 353 360 356

     Expediente de alistamento militar do arquivo de Betanzos     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XX[editar | editar a fonte]

1910[16] 1920[16] 1930[16] 1940[16] 1950[16] 1960[16] 1970[16] 1981[16] 1986[17] 1991[16] 1999[18] 2000[19]
Habitantes 359 363 337 311 298 278 169 120 124 117 124 129

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI[editar | editar a fonte]

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
134 133 128 128 129 129 129 128 125 121
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
120 114 114 113 113 114 106
Fonte: IGE (padrón municipal)[20]
Gráfica de evolución demográfica de Feás entre 1887 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Cultura[editar | editar a fonte]

Topónimo[editar | editar a fonte]

Feás é un posible antropónimo prerromano que está ligado aos corzos. A súa orixe sería anterior ao século III.[21][22]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia, a carón da N-VI, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Etnografía[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Moitas delas suceden ao longo do mes de agosto, aínda que tamén se celebran días concretos coma o Samaín, ou a Semana Santa. O patrón da parroquia é San Pedro aínda que tamén se celebra o Rosario e, antigamente, o San Roque.

Asociacións[editar | editar a fonte]

A SCRD O Cruceiro de Feás é unha sociedade cultural, recreativa e deportiva que elabora numerosas celebracións e festividades para as persoas asociadas (na maioría da propia parroquia).

Feás na tradición oral[editar | editar a fonte]

En 1976 o filólogo Xosé Luís Couceiro Pérez publicou a súa tese de licenciatura, un estudo dialectolóxico titulado El habla de Feás[23]

Algúns refráns que o citan son:

  • Muniferral e Feás, Verís e Cambás, todos xuntos non valen cen reás.[24]
  • Na miña vida tal vin, / na feira de Cazuín, / unha cabra cunha roca / e un castrón cun violín.[25]
  • Os de Feás matan a besta, / os de Coruxou cómena fresca, / Churio, Muniferral e Cambás / non valen cen reás.[24]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Feás[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Feás no concello coruñés de Aranga

A Anta | A Aturela | A Caropa | Cazuín | O Couto | Flores | A Fonte | O Fontelo | Framonce | A Lagoa | Ribadevila | A Torre | O Torreiro

Parroquias de Aranga[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Aranga

Aranga (San Paio) | Cambás (San Pedro) | Feás (San Pedro) | Muniferral (San Cristovo) | San Vicente de Fervenzas (San Vicente) | Vilarraso (San Lourenzo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "Arciprestado de Xanrozo". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Consultado o 8.12.2018. 
  3. 3,0 3,1 Madoz, Pascual (1847). Feas (San Pedro de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VIII (Madrid). p. 26. 
  4. 4,0 4,1 Monteoliva Díaz 2013 (mapa).
  5. "Nomenclátor de Galicia: Feás (San Pedro)". Xunta de Galicia. Consultado o 8.12.2018. 
  6. Vega Rodríguez, Antonio de (2012). Irixoa: Entidades poboacionais (Mapa). 1:45.000. Plan Xeral de Ordenación Municipal. 
  7. Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 141. ISBN 978-84-260-2716-0. 
  8. Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 174. ISBN 978-84-260-3760-2. 
  9. Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3855. ISBN 978-84-260-1970-7. 
  10. Erias Martínez, Alfredo; González Fernández, Juan Miguel (1989). "O marco xurisdiccional na antiga provincia de Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino. 12. Betanzos. p. 40. ISBN 84-505-9464-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2018. 
  11. Miñano, Sebastián (1826). Feas (San Pedro de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) IV (Madrid). p. 130. 
  12. Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 145. ISBN 978-84-87819-06-3. 
  13. Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 250. 
  14. Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 20–21. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018. 
  15. "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 11-12. 
  16. 16,00 16,01 16,02 16,03 16,04 16,05 16,06 16,07 16,08 16,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 31. ISBN 978-84-605-3156-2. 
  17. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 24. ISBN 978-84-7191-529-0. 
  18. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  19. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  20. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2003", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2006" (XLS) ; "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018  e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 . Instituto Galego de Estatística (IGE).
  21. Meméndez de Luarca y Navia Osorio, J. R. (2000). La construcción del territorio. Mapa histórico del Noroeste de la Península Ibérica. Madrid. 
  22. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  23. Couceiro, J. L. (1976): El habla de Feás. Universidade de Santiago de Compostela: Anexo 5 de Verba. Anuario galego de filoloxía. ISBN 9788460068625.
  24. 24,0 24,1 "Lugar de referencia: Aranga". Portal de ditados tópicos galegos. 
  25. Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 104. ISBN 978-84-9812-210-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]