Faustino Gama Casalderrey
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1909 Lérez, España |
| Morte | 29 de decembro de 1936 Pontevedra, España |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Irmáns | Manuel Gama Casalderrey Alejandro Gama Casalderrey |
Faustino Gama Casalderrey, nado en Lérez (Pontevedra) cara a 1909 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Faustino Gama. Foi un dinamizador político e un divulgador do marxismo entre a clase obreira pontevedresa dos anos trinta. Como o seu irmán Alejandro era militante do Partido Comunista de España e directivo da Federación Cultural Deportiva Obrera de España (FCDOE) en Pontevedra. Con Alejandro e Manuel Calvo tomaron parte nas milicias formadas no goberno civil e no concello ante o inminente levantamento militar.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido, primeiro polos montes de Lérez e Verducido e despois en diferentes escondedoiros. A presión policial sobre a familia da súa moza, Estrella Portela, que vivía en Salcedo, fixo que volvese cara a Lérez e se presentase o 28 de decembro ao médico Enrique Ballina e ao cura Leandro del Río Carnota, para que o acompañasen a entregarse ás autoridades.[1] Ao día seguinte foi fusilado "por incurso en los bandos vigentes".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 29-12-1936, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez Castro, Xosé (2013). "Cunetas sembradas de muerte. La represión extrajudicial en la provincia de Pontevedra" (PDF). Memòria antifranquista del Baix Llobregat (13): 15–20. Consultado o 12 de abril de 2020.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Álvarez Castro, X. (29 de decembro de 2010). "Familias represaliadas: os Gama (1)". Pontevedra nos anos do medo.