Fatafehi Fakafānua
(2026) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de marzo de 1985 |
| 18 de decembro de 2025 – ← 'Aisake Eke (pt) | |
| Speaker of the Legislative Assembly of Tonga (en) | |
| decembro de 2017 – 20 de novembro de 2021 ← Sialeʻataongo Tuʻivakanō (pt) | |
| Member of the Legislative Assembly of Tonga (en) | |
| 2017 – Circunscrición electoral: Haʻapai Nobles' constituency (en) Electo en: 2017 Tongan general election (en) | |
| Speaker of the Legislative Assembly of Tonga (en) | |
| 19 de xullo de 2012 – 29 de decembro de 2014 ← Havea Hikule‘o ‘oPulotu (en) | |
| Member of the Legislative Assembly of Tonga (en) | |
| 23 de abril de 2008 – 26 de novembro de 2014 | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade do Pacífico Sur |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | político independente |
| Familia | |
| Pais | Tutoatasi Fakafanua |
Fatafehi Kinikinilau Lolomana'ia Fakafānua, nado o 20 de marzo de 1985), é un político e nobre tongano que exerce como primeiro ministro de Tonga desde o 18 de decembro de 2025. É membro da familia real tongana.
En 2008 foi elixido por primeira para a Asemblea Lexislativa como membro da nobreza. Foi presidente da Asemblea Lexislativa de Tonga de 2012 a 2014 e de 2017 a 2025.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É fillo da princesa Sinaitakala ʻOfeina ʻe he Langi e de Kinikinilau Tūtoatasi, que foi o sétimo Lord Fakafānua. Ten un irmán, Fakaola mei Langi ʻItafuaʻatonga Tūtoatasi Fakafānua e unha irmá, Sinaitakala Tu'imatamoana 'i Fanakavakilangi Fakafānua, que está casada co príncipe herdeiro Tupoutoʻa ʻUlukalala.[1]
Foille outorgado o título de Fakafānua, un dos 33 títulos hereditarios da nobreza tongana, en abril de 2006, tras a morte do seu pai o ano anterior.[2][3] O título está ligado aos estados de Maʻufanga (en Tongatapu), Ngaʻakau (en Vavaʻu) e Faleloa (en Haʻapai) e permite ao seu titular ser elixido para a Asemblea Lexislativa como representante da nobreza. Nunhas eleccións parciais de 2008, foi elixido como representante por Haʻapai, converténdose no membro máis novo do Parlamento tongano. Foi reelixido nas eleccións xerais de novembro de 2010.
O 19 de xullo de 2012 foi elixido presidente da Asemblea Lexislativa de Tonga tras a destitución de Lord Lasike,[4] converténdose na persoa máis nova en ser elixida para o cargo. Como presidente, liderou un "parlamento práctico" e animou as mulleres a participar na política.[5] Perdeu o seu escano nas eleccións de 2014. Nas eleccións de 2017, recuperou o seu escano e foi reelixido presidente.[6][7] Tras as eleccións de 2021, foi reelixido presidente para un terceiro mandato.[8]
Tras as eleccións de 2025 foi elixido primeiro ministro o 15 de decembro, recibindo 16 votos. Superou así ao anterior primeiro ministro ʻAisake Eke, que obtivo o apoio de 10 deputados. Fakafānua converteuse no segundo representante da nobreza en ser elixido xefe de goberno desde a democratización.[9] O rei Tupou VI nomeouno formalmente como primeiro ministro o 18 de decembro.[10] Fakafānua anunciou que mantería ao príncipe herdeiro Tupoutoʻa 'Ulukalala como ministro de Asuntos Exteriores.[10]
Presentou o resto da composición do seu gabinete o 5 de xaneiro de 2026, pouco despois de que o monarca aprobase as súas eleccións ministeriais. O ex primeiro ministro Siaosi Sovaleni, Sēmisi Sika e o ex viceprimeiro ministro Taniela Fusimalohi foron incluídos no seu gabinete.[10] Viliami Latu foi nomeado viceprimeiro ministro, mentres que á única muller deputada, Fane Fotu Fituafe, asignóuselle a nova carteira de asuntos internos.[11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 2014 con Krystal Fane Kite, filla de Sione Kite, que anteriormente exercera como Alto Comisionado de Tonga no Reino Unido e posteriormente como Embaixador nos Estados Unidos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "What does the election of Tonga's new noble PM mean for democracy?" (en inglés). 16 de decembro de 2025. Consultado o 17 de maio de 2026.
- 1 2 "Lord Fakafanua’s wedding goes ahead with profound dignity" (en inglés). 16 de outubro de 2014. Consultado o 17 de maio de 2026.
- ↑ "Pacific Parliamentary and Political" (PDF). scoop.co.nz (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2026.
- ↑ "Tonga names new Speaker after Lord Lasike barred from Parliament" (en inglés). 19 de xullo de 2012. Consultado o 17 de maio de 2026.
- ↑ "Tonga looks to address gender imbalance in parliament" (en inglés). 17 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de maio de 2026.
- ↑ "Tongans back Pohiva's Democratic Party" (en inglés). 17 de novembro de 2017. Consultado o 17 de maio de 2026.
- ↑ "New era in Tonga's parliamentary history about to unfold" (en inglés). 18 de febreiro de 2018. Consultado o 17 de maio de 2026.
- ↑ "School drop-outs, illegal drugs and health three major concerns for Tonga's new PM Designate" (en inglés). 15 de outubro de 2021. Consultado o 17 de maio de 2026.
- ↑ "Tonga has a new prime minister" (en inglés). 15 de decembro de 2025. Consultado o 17 de maio de 2026.
- 1 2 3 "King Tupou VI appoints new Prime Minister in private audience" (en inglés). 19 de decembro de 2025. Consultado o 17 de maio de 2026.
- ↑ "Lord Fakafanua names new Cabinet" (en inglés). 5 de xaneiro de 2026. Consultado o 17 de maio de 2026.