Saltar ao contido

Fasciculación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fasciculación
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Características
 Especialidade médica
Códigos e identificadores
Freebase/m/062phb Editar o valor en Wikidata
MeSHD005207 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC34606 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB18832 Editar o valor en Wikidata
CIE-111814274334 Editar o valor en Wikidata
CIE-9781.0 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus003296 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778970341 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Fasciculacións na pálpebra superior dun home novo.

En medicina, unha fasciculación é a contracción breve dun grupo de fibras musculares constitutivas dunha unidade motriz, é dicir, dun fascículo muscular. Este fenómeno indoloro e independente da vontade maniféstase na periferia do músculo concernido como un lixeiro movemento transmitido á pel, habitualmente sen desprazamento articular. Todos os músculos esqueléticos poden presentar fasciculacións, que, se se fan abundantes e xeneralizadas, poden converterse nun síntoma que perturba a calidade de vida.

O fenómeno eléctrico correspondente é a xeración espontánea dun potencial de unidade motriz (PUM) único nun punto calquera do axón motor. Este PUM é rexistrable por electromiograma (EMG) e denomínase potencial de fasciculación. As fasciculacións que se producen en profundidade non son visibles, mais si detectables polo EMG.

As fasciculacións son fisiolóxicas e benignas na maioría dos casos, mais poden ser sintomáticas de certas afeccións neurolóxicas que implican unha diminución do número de unidades motrices[1],[2],[3]. É a razón pola cal algúns autores como Trojaborg et Buchthal en 1965 as dividiron en «benignas» e «malignas»[4].

Mecanismo

[editar | editar a fonte]

A fasciculación corresponde á activación anormal e illada dunha unidade motriz, é dicir, dun axón motor e do conxunto de fibras musculares que del dependen (estas últimas constitúen un pequeno feixe ou fascículo muscular). Cada fasciculación resulta dunha «despolarización espontánea» dunha neurona motora inferior, o que leva á contracción síncrona de todas as fibras do músculo esquelético dentro dunha soa unidade motriz (unha despolarización espontánea e normal é por exemplo a contracción constante do músculo cardíaco, que fai latexar o corazón).

A miúdo, a posta en movemento intencionada do músculo implicado provoca un cesamento inmediato da fasciculación, pero esta pode volverse a iniciar unha vez que o músculo está de novo en repouso.

Discutiuse durante moitos anos cal era a zona anatómica onde se orixinan as fasciculacións musculares e as cambras. Numerosos autores coidan que esta orixe hai que situala no sistema nervioso central, e con máis precisión no corpo celular das motoneuronas do corno anterior. Porén, segundo Layzer en 1994[5], a maior parte das probas apoian unha orixe moi distal, nas propias terminacións nerviosas motrices intramusculares. Segundo el, as fasciculacións poderían ser o resultado dunha excitación química local de terminacións nerviosas motrices, mentres que as cambras serían o resultado dunha excitación mecánica das terminacións nerviosas motrices durante o acurtamento muscular.[5]

Aspectos médicos

[editar | editar a fonte]

Normalmente son benignas (nese caso falamos de síndrome de fasciculacións benigna ou BFS polas súas siglas en inglés) e adoitan estar asociadas ás cambras[6].

As fasciculacións poden tamén traducir unha actividade espontánea anormal de unidades motrices que se fixeron hiperexcitables, por exemplo en caso de reinnervación despois da desnervación dunha parte das fibres musculares.

Isto obsérvase en numerosas afeccións do sistema nervioso peiférico, ou nos padecementos crónicos do corno anterior.

Causas coñecidas

[editar | editar a fonte]

Afeccións neurolóxicas

[editar | editar a fonte]

Entre as afeccións neurolóxicas coñecidas como orixe das fasciculacións, podemos citar as seguintes:

Outras causas

[editar | editar a fonte]
  1. Desai, J. and M. Swash (1997), Fasciculations: what do we know of their significance? J Neurol Sci, . 152 Suppl 1: p. S43-8.
  2. Howard, R.S. and N.M. Murray (1992), Surface EMG in the recording of fasciculations. Muscle Nerve, . 15(11): p. 1240-5.
  3. Van der Heijden, A., F. Spaans, and J. Reulen (1994), Fasciculation potentials in foot and leg muscles of healthy young adults. Electroencephalogr Clin Neurophysiol, . 93(3): p. 163-8.
  4. Trojaborg, W., & Buchthal, F. (1965). Malignant and benign fasciculations. Acta Neurologica Scandinavica, 41(S13), 251-254
  5. 1 2 Layzer (1994). "The origin of muscle fasciculations and cramps". Muscle & nerve (en inglés) 17: 1243–1249.
  6. Tahmoush, A. J., Alonso, R. J., Tahmoush, G. P., & Heiman-Patterson, T. D. (1991). Cramp, fasciculation syndrome A treatable hyperexcitable peripheral nerve disorder. Neurology, 41(7), 1021-1021.
  7. Mills, K. R. (2010). [Mills, K. R. (2010). Characteristics of fasciculations in amyotrophic lateral sclerosis and the benign fasciculation syndrome. Brain, 133(11), 3458-3469. Characteristics of fasciculations in amyotrophic lateral sclerosis and the benign fasciculation syndrome]. Brain, 133(11), 3458-3469.
  8. de Carvalho, M., & Swash, M. (2013). Fasciculation potentials and earliest changes in motor unit physiology in ALS. Journal of Neurology, Neurosurgery & Psychiatry, 84(9), 963-968 (résumé).
  9. Conradi, S., Grimby, L., & Lundemo, G. (1982). Pathophysiology of fasciculations in ALS as studied by electromyography of single motor units. Muscle & nerve, 5(3), 202-208 (résumé).
  10. de Carvalho, M., & Swash, M. (2016). Physiology of the fasciculation potentials in amyotrophic lateral sclerosis: which motor units fasciculate?. The Journal of Physiological Sciences, 1-8 (resumo).
  11. Fussler-Bagur Elsa (2011), Rituels et intoxication au plomb chez l’adulte Arquivado 24 de xuño de 2024 en Wayback Machine., tese de doutormento de medicina defendida o 21/10/2011, Facultade de Medicina, París VI, PDF, Ver capítulo 3.2.3.2. Signes neurologiques p 48/120
  12. Blackman G, Cherfi Y, Morrin H, et al. (2019). "The association between benign fasciculations and health anxiety: a report of two cases and a systematic review of the literature" (PDF). Psychosomatics 60 (5): 499–507. PMID 31174866. doi:10.1016/j.psym.2019.04.001.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]