Faro de Illa Pancha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°33′23″N 07°02′30″O / 43.55639, -7.04167

Faros da Illa Pancha en Ribadeo.jpg
Datos xerais
Localización xeográfica Illa Pancha
Localización municipal Ribadeo, provincia de Lugo
Construción 1859 (vello) - 1983 (en uso)
Datos técnicos - faro en uso
Código internacional D-1660
Descrición Torre circular
Altura sobre o nivel do mar 28 metros
Altura sobre o terreo 13 metros
Características Gp D (3+1) B 20s
Período 0.5+<2.0>+0.5+<2.0>+0.5+

<7.0>+0.5+<7.0>=20

Alcance 21 millas náuticas

O vello faro de Illa Pancha atópase na Illa Pancha, na parte máis occidental da ría de Ribadeo. Foi comezado a construír en 1857[1][2]. Comparte illa co novo faro, o único en funcionamento como tal dende 1983.

Pertence ó Dominio Público Portuario do servizo de sinalización marítima[3]. Dende 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Historia[editar | editar a fonte]

Planeado como unha luz de terceira orde destinada a alumear a entrada á ría e ao porto de Ribadeo, e contratado o 31 de maio de 1857[1], este faro inaugurouse o 30 de decembro de 1859 cun alcance de 9 millas náuticas, e estivo activo ata o 1 de outubro de 1983[4], data na que entrou en funcionamento o novo faro.

O proxecto do enxeñeiro Marcelo Sánchez Movellán, cun orzamento de 47 500 reais, ideou unha luz simétrica, elevada 9 m sobre o terreo (24 m sobre o nivel do mar), coa torre cadrada de 3,5 m de lado e 6,7 m de altura encaixada no centro dun edificio de planta cadrada e 128 m² de superficie[3] para así protexela dos temporais. A torre remata nun balcón de ferro forxado e unha torre octogonal para soportar a lanterna hexagonal de vidros planos.

En 1858 engadiuse unha ponte de ferro sobre tres piares ancorados en dous illotes. Como faro de illa, e a categoría da súa luz, debía estar atendido por dous torreiros; con todo, para economizar no servizo e suprimir un encargado decidiuse construír unha ponte de unión con terra. En 1883 substituíuse a lámpada por unha de petróleo dunha mecha. En 1917 entrou en servizo un xogo de pantallas para producir ocultacións.[5]

Os dous faros, no 2012.

No último terzo do século XX foi construído un segundo faro na illa, o único que funciona dende 1983, se ben o vello faro aínda mantén montada a lente de Fresnel. O novo faro ten unha torre illada con lanterna de montantes inclinados, acadando a súa luz as 21 millas náuticas. É un dos 187 do patrimonio administrado por Portos do Estado (dependente do Ministerio de Fomento).

No ano 2014 comezou o proceso para que o faro sexa usado coma hotel no marco da iniciativa 'Faros de España', contando con oposición veciñal[6][7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Faros de la Autoridad Portuaria de Ferrol - San Ciprián". La web de un farero. Consultado o 9/12/2016. 
  2. "Faro de Isla Pancha". Diario de mi muerte. As obras foron subastadas o 31 de maio de 1857. 
  3. 3,0 3,1 Pepa Martín (outubro 2015). "Una luz más constante" (PDF). Revista de Fomento. Consultado o 19/8/2016. 
  4. J.Alonso (5/3/16). "La tramitación de la licencia municipal retrasa el proyecto del faro de Illa Pancha". Consultado o 5/3/2016. 
  5. "D1660 Faro de Isla Pancha". Vuelta Ibérica de los faros. Consultado o 21/11/2016. 
  6. "100.000 euros a obras y 15.600 de alquiler". La Voz de Galicia. Consultado o 20151028. 
  7. "O Concello reclama informes da Xunta e o Estado para aprobar o hotel do faro". El Progreso. Consultado o 28/10/2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]