Fantasía heroica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
William Blake 003.jpg

Fantasía heroica ou fantasía épica é un subxénero da fantasía, principalmente da literatura, e tamén presente na historieta, o cinema fantástico e os xogos de rol, caracterizado pola presenza de seres mitolóxicos ou fantásticos, a ambientación ficticia de carácter medieval, antigo, indefinido ou, en calquera caso, sobre a base de sociedades tecnoloxicamente atrasadas, e un forte compoñente máxico e épico. Diferénciase do relato fantástico en que os elementos claramente ficticios e os posibles ou reais harmonizan entre si, non creando tensións, senón sendo unhas continuacións coherentes dos outros.

O xénero está errroneamente asociado á ciencia ficción, xa que posúe trazos moi distintos, debido á denominación inicial de science fantas, pronto substituída por fantasía heroica, intercambiable na maioría dos casos polo de "espada e bruxaría", inventado por Fritz Leiber en 1966. Nunha introdución a un libro de Conan deuse unha definición que, aínda que deixa fóra os avances e as tramas de finais do século pasado e do presente, dá unha idea de como tivo a súa orixe:

Trátase dun tipo de relato fantástico cuxa acción transcorre nun mundo imaxinario -ás veces o noso planeta como noutros tempos se supuxo que era ou como seica sexa nun futuro remoto, ás veces outro universo ou outra dimensión- onde a maxia é eficaz e todos os homes son poderosos, todas as mulleres belas, todos os problemas simples e todas as vidas aventureiras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]