Saltar ao contido

Fanny Schoonheyt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFanny Schoonheyt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Fernanda Wilhelmina Maria Albertina Schoonheyt Editar o valor en Wikidata
15 de xuño de 1912 Editar o valor en Wikidata
Rotterdam Editar o valor en Wikidata
Morte23 de decembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Rotterdam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Rotterdam
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguerrilleiro, militar, membro da resistencia, fotógrafo profesional, xornalista, fotógrafa, escritora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1958 Editar o valor en Wikidata)
Partido políticoPartit Socialista Unificat de Catalunya Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Participou no conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Participou en
19 de xullo de 1936Olimpíada Popular Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1001 vrouwen in de 20ste eeuw
Rotterdamse ZIJlijn Editar o valor en Wikidata

Fernanda Wilhelmina Maria Albertina Schoonheyt, coñecida como Fanny Schoonheyt, nada en Rotterdam o 15 de xuño de 1912 e finada na mesma cidade o 23 de decembro de 1961, foi unha miliciana neerlandesa durante a Guerra civil española, onde loitou no bando republicano. Polas súas accións de combate e a súa habilidade coas armas, foi coñecida en artigos de prensa como a «raíña da metralladora».

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fanny era a única filla do comerciante Jules Alphons Schoonheyt e de Johanne Gehring, de Isselhorst (Westfalia), propietaria dun taller de costura. Comezou a súa carreira profesional como secretaria no diario Nieuwe Rotterdamsche Courant.[1] Viaxou á URSS en 1934 e escribiu varios artigos sobre o que viu alí.[2]

En 1934 trasladouse a Barcelona como correspondente estranxeira.[1] Schoonheyt afiliouse ao Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC) e participou na organización da Olimpíada Popular. Durante o Golpe de estado de xullo de 1936 en Barcelona participou nos asaltos aos cuarteis dos días inmediatamente posteriores. Posteriormente marchou á fronte co Grupo Thaelmann, antes de chegaren as Brigadas Internacionais.[3]

En novembro de 1936 foi ferida en combate na Fronte de Aragón. Ao recuperarse non volveu á fronte[3] e pasou a integrar o servizo de seguridade do PSUC. Na primavera de 1937 era oficial do Exército da República e directora do primeiro Campo de Instrución premilitar establecido en Pins del Vallès. En 1938 tentou renovar o seu pasaporte no consulado dos Países Baixos en Barcelona pero a súa solicitude foi denegada. Por un decreto especial do goberno no verán anterior, todos os interbrigadistas neerlandeses foron privados da súa cidadanía neerlandesa.[3] Ese verán foi a Toulouse, onde tentou sacar unha licenza de piloto.[2]

Ao acabar a guerra en España, trasladouse á República Dominicana. Alí naceu a súa única filla en 1940.

En 1947 foi deportada. Permitíuselle residir en Curaçao, xa que os máis dos voluntarios holandeses convertéranse en apátridas desde o decreto de 1937 que os privara da nacionalidade.[2][3]

Alí traballou como fotógrafa co nome de Fanny López. En 1957 puido regresar aos Países Baixos, onde morreu en 1961 dun infarto.

Ver tamén

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 Veldhoen, Lex (14 de febreiro de 2024). "Nederlandse vrijwilligers in de Spaanse Burgeroorlog". Historiek (en neerlandés). Consultado o 6 de abril de 2025.
  2. 1 2 3 "Fanny Schoonheyt". Asociación de Amigos de las Brigadas Internacionales (en castelán).
  3. 1 2 3 4 "SCHOONHEYT, Fernanda Wilhelmina Maria Albertina". SIDBRINT (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2025. Consultado o 06 de abril de 2025.