FannyAnn Eddy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFannyAnn Eddy
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1974 Editar o valor em Wikidata
Serra Leoa Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 2004 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Freetown, Serra Leoa Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSerra Leoa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , xornalista , activista LGBT Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata


FannyAnn Viola Eddy, nada en Serra Leoa o 14 de xuño de 1974[1] e finada en Freetown o 29 de setembro de 2004, foi unha activista polos dereitos das persoas gais e lesbianas tanto no seu país, Serra Leoa, como en toda África.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2002 fundou a Sierra Leone Lesbian and Gay Association, a primeira asociación LGBTI do país.[2] Viaxou moito e acudiu á ONU[3] e a outras agrupacións internacionais. En abril de 2004 apoiou a aprobación da Resolución brasileira a prol dos dereitos LGBTI na ONU en Xenebra.[4]
Eddy foi asasinada o 29 de setembro de 2004. Un grupo de polo menos tres homes asaltaron a oficina da Sierra Leone Lesbian and Gay Association no centro de Freetown, violárona en grupo, acoitelárona e rompéronlle o pescozo.[5] Porén, ninguén foi condenado polo crime.

Eddy tiña un fillo de 10 anos e unha parella, Esther Chikalipa.[6]

Legado[editar | editar a fonte]

A Hirschfeld Eddy Foundation, unha entidade a prol dos dereitos humanos de lesbianas e gais, leva o seu apelido e o de Magnus Hirschfeld, físico e sexólogo gai alemán.

En 2008 creouse o premio FannyAnn Eddy de Poesía.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FannyAnn Eddy". HRD Memorial (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2023. 
  2. "Sierra Leone gay activist killed". BBC News (en inglés). 5 de outubro de 2004. Consultado o 8 de marzo de 2023. 
  3. "Testimony by FannyAnn Eddy at the U.N. Commission on Human Rights". Human Rights Watch. 4 de outubro de 2004. Consultado o 8 de marzo de 2023. 
  4. Morgan, Ruth; Wieringa, Saskia (2005). Tommy Boys, Lesbian Men, and Ancestral Wives: Female Same-sex Practices in Africa (en inglés). Jacana Media. p. 20. ISBN 9781770090934. 
  5. "Sierra Leone: Lesbian Rights Activist Brutally Murdered". Human Rights Watch (en inglés) (Nova York). 5 de outubro de 2004. Consultado o 8 de marzo de 2023. 
  6. "FannyAnn Eddy: Lesbian martyr in Africa". Qspirit (en inglés). 29 de setembro de 2022. Consultado o 8 de marzo de 2023. 
  7. King, Dora. "Secrecy and the Poetics of Witness: Mourning Fanny Ann Eddy". University of KwaZulu-Natal (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]