Faneca brava
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Faneca brava | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Ilustración dunha faneca brava
| |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
''Echiichthys vipera'' | |||||||||||||||||||||
![]() |
A faneca brava ou peixe araña menor[1] (Echiichthys vipera) é unha especie de peixe da familia Trachinidae na orde dos Perciformes. Coñecido por ser peixe pezoñento. Algunhas fontes chámano escorpión de praia.
Atópase normalmente nos fondos mariños de mares abertos, achegados á beiramar. As fanecas bravas poden picar aos nadadores se son perturbadas, especialmente cando hai baixamar; tamén aos pescadores cando limpan as súas redes.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]As fanecas contan cun corpo alongado e medran até os 18 cm de longo, mais xeralmente non pasan dos 15 cm. A súa cor é pardo cinsenta no lombo, semellante á da area das praias, e prateada nos costados. Non ten espiñas diante dos ollos.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Distribúese polo Atlántico leste, dende o Mar do Norte, arrodeando as Illas Británicas, Galiza, Portugal e até Marrocos, Madeira, Canarias e o Mediterráneo. Aparecen na beiramar parcialmente soterradas na area das praias deixando só os ollos e as puntas das espiñas dorsais sobre a area.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]A faneca brava é litoral e bentónica, vive na area, fondos lamacentos, que van desde os poucos metros de profundidade até os 150 m (no inverno). Deitadas na area, a súa posición pode describirse como soterrada até os ollos coa punta da primeira espiña dorsal exposta. Por mor da súa pezoña e a súa aparición preto de praias, considérase unha das especies de faneca máis perigosas de Europa. As glándulas pezoñentas están localizados na súa primeira aleta dorsal, que é totalmente negra, e na cuberta das guerlas. Esta especie ten a toxina máis potente de todas as especies da familia Trachinidae[2].
Efectos nos humanos
[editar | editar a fonte]A picada da faneca é aguda e intensa. A dor adoita radiar á área arredor do limbo.[Cómpre referencia] A intensidade da dor acada o pico aos 30 minutos despois da picada, e despois aos poucos baixa. Porén, por veces a dor ou un formigar pode durar unhas 24 horas. Moi raramente, a dor pode espallarse aos ganglios linfáticos, é dicir, ós das virillas (cando o aguillón se crava na planta do pé), ou ós da axila (se o aguillón pica nas mans).
Protección e auxilio
[editar | editar a fonte]A faneca é común nalgunhas praias de Galiza, especialmente coa marea baixa. A mellor protección é usar sandalias (chamadas as máis das veces fanequeiras).
Unha vez se produce a picada, se na praia hai posto de socorrismo é o mellor lugar para acudir. O procedemento alá será localizar a picada e despois mergullar o pé en auga quente durante unha hora co obxectivo de inactivar a toxina termolábil. Pódese tamén aplicar unha pomada antihistamínica e despois intentar camiñar por unha superficie quente (a parte alta da praia) para que o organismo termine eliminando definitivamente todo resto da pezoña.
A mellor solución de urxencia é para lavar a ferida, e despois mergullala en auga quente durante polo menos unha hora, para aliviar a dor e axudar a destruír as proteínas do veleno. A temperatura da auga debe ser polo menos duns 40 °C (104 °F) ou tan quente coma o paciente ature. Ademais, cómpre tranquilizar o paciente da inocuidade relativa da picada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomes vulgares galegos en "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
- ↑ Renco Štefić,Priroda jadrana,1997
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faneca brava |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eschmeyer, William N., ed. 1998. Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. California Academy of Sciences. San Francisco, California, Estados Unidos. 2905. ISBN 0-940228-47-5.
- Fenner, Robert M.: The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, Nova Jersey, Estados Unidos : T.F.H. Publications, 2001.
- Helfman, G., B. Collette e D. Facey: The diversity of fishes. Blackwell Science, Malden, Massachusetts, Estados Unidos , 1997.
- Hoese, D.F. 1986: . A M.M. Smith e P.C. Heemstra (eds.) Smiths' sea fishes. Springer-Verlag, Berlín, Alemaña.
- Maugé, L.A. 1986. A J. Daget, J.-P. Gosse e D.F.E. Thys van den Audenaerde (eds.) Check-list of the freshwater fishes of Africa (CLOFFA). ISNB Bruxelas; MRAC, Tervuren, Flandres; e ORSTOM, París, Francia. Vol. 2.
- Moyle, P. e J. Cech.: Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, Nova Jersey, Estados Unidos: Prentice-Hall. Ano 2000.
- Nelson, J.: Fishes of the World, 3a. edición. Nova York, Estados Unidos: John Wiley and Sons. Ano 1994.
- Wheeler, A.: The World Encyclopedia of Fishes, 2a. edición, Londres: Macdonald. Ano 1985.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Peixe araña maior (Trachinus draco)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Russo, Alessandro. "The Danger of the Sea: The Lesser Weever Fish". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 19 de xuño de 2015.
- Artigo do Faro de Vigo sobre as picadas de fanecas no Grove (en castelán).
- ITIS (en inglés)
- AQUATAB.NET Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- Catalogue of Life (en inglés)
- More detailed Description
- Wonders of Weeverfish
- Other hazardous fish