Fan Lizhi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Fang Lizhi, escrito en lingua chinesa 方励之, nado en Beijing o 12 de febreiro de 1936 e finado en Tucson, Arizona, o 6 de abril de 2012, foi un astrofísico e activista político chinés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de astrofísica e vicepresidente da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de China, os seus escritos inspiraron as revoltas prodemocráticas de Tiananmen en 1989. Xa en 1986 fora expulsado do Partido Comunista de China e logo da masacre do 4 de xuño exiliouse nos Estados Unidos, traballando como profesosr de física na Universidade de Arizona.