Familia da vinculina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Familia da vinculina
Identificadores
SímboloVinculin
PfamPF01044
InterProIPR006077
PROSITEPDOC00568
SCOPe1dow / SUPFAM

A familia da vinculina é unha familia de proteínas relacionadas con vinculina e a alfa-catenina. A vinculina é unha proteína eucariótica que está implicada na adhesión dos microfilamentos baseados na actina á membrana plasmática. A vinculina está localizada na cara citoplasmática das adhesións focais ou placas de adhesión.[1] Xunto coa actina, a vinculina interacciona con outras proteínas estruturais como a talina e as alfa-actininas.

A vinculina é unha proteína grande duns 116 kDa (uns 1000 residuos). Estruturalmente a proteína consta dun dominio N-terminal duns 90 kDa separado dun dominio C-terminal básico duns 25 kDa por unha rexión rica en prolina duns 50 residuos. A parte central do dominio N-terminal consta dun número variable de repeticións dun dominio de 110 aminoácidos (hai 3 en vertebrados, 2 no verme nematodo Caenorhabditis elegans).

As alfa-cateninas son proteínas de aproximadamente 100 kDa, que están relacionadas evolutivamente coa vinculina.[2] En canto á súa estrutura a principal diferenza coas vinculinas é a ausencia nas cateninas do dominio repetido e do segmento rico en prolina característico das vinculinas. As cateninas son proteínas que se asocian co dominio citoplasmático de varias proteínas cadherinas. A asociación das cateninas ás cadherinas orixina a formación dun complexo que está enlazado á rede de filamentos de actina, e que parece ser de importancia primordial para as propiedades de adhesión celular das cadherinas. Hai tres tipos de cateninas: alfa, beta, e gamma.

Subfamilias[editar | editar a fonte]

Preoteínas humanas que conteñen este dominio[editar | editar a fonte]

CTNNA1; CTNNA2; CTNNA3; CTNNAL1; VCL;

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Otto JJ (1990). "Vinculin". Cell Motil. Cytoskeleton 16 (1): 1–6. PMID 2112986. doi:10.1002/cm.970160102. 
  2. Lottspeich F, Eckerskorn C, Herrenknecht K, Ozawa M, Lenter M, Kemler R (1991). "The uvomorulin-anchorage protein alpha catenin is a vinculin homologue". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 88 (20): 9156–9160. PMC 52671. PMID 1924379. doi:10.1073/pnas.88.20.9156. 

Este artigo contén textos procedentes de InterPro IPR006077, en dominio público.