Familia Mozart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A familia Mozart durante a súa viaxe: Leopold, tocando o violín; Wolfgang Amadeus, no clavecín e Nannerl, cantando. Acuarela de Louis Carrogis Carmontelle ca. 1763.

A familia Mozart son os devanceiros, familiares, e descendentes de Wolfgang Amadeus Mozart. Os primeiros documentos que mencionan o nome "Mozart", daquela escrito "Motzhart" ou "Motzhardt", son da parte bávara de Suabia (hoxe o Regierungsbezirk de Suabia).

Familia Mozart[editar | editar a fonte]

  1. David Motzhardt (?–1625/6), granxeiro en Pfersee, hoxe un suburbio de Augsburgo:
    1. David Mozart (1620–1685), albanel e mestre construtor en Augsburgo; construíu a torre da igrexa de Dillingen an der Donau; casado con Maria Negele (1622–1697):
      1. Daniel Mozart (1645–1683).
      2. Hans Georg Mozart (1647–1719), albanel e mestre construtor, mestre do gremio, construíu a igrexa de St Georg en Augsburgo, colaborou na residencia da familia Fugger.
      3. Franz Mozart (1649–1694), mestre construtor:
        1. Johann Georg Mozart (4 de maio de 1679 – 19 de febreiro de 1736), encadernador en Augsburgo, casado primeiro con Anna Maria Banegger, sen descendencia; e despois con Anna Maria Sulzer (1696–1766), coa que tivo oito fillas e fillos:
          1. Leopold Mozart (1719–1787), compositor, casado con Anna Maria Pertl (1720–1778):
            1. Johann Leopold Joachim Mozart (1748–1749).
            2. Maria Anna Cordula (1749–1749).
            3. Maria Anna Nepomucena Walpurgis (1750–1750).
            4. Maria Anna Mozart (alcumada "Nannerl"), (1751–1829), casou con Johann Baptist Franz von Berchtold zu Sonnenburg (1736–1801), tres fillas e fillos:
              1. Leopold Alois Pantaleon von Berchtold zu Sonnenburg (1785–1840).
              2. Jeanette von Berchtold zu Sonnenburg (1789–1805).
              3. Maria Babette von Berchtold zu Sonnenburg (1790–1791).
            5. Johann Karl Amadeus (1752–1753).
            6. Maria Crescentia Francisca de Paula (1754–1754).
            7. Wolfgang Amadeus Mozart (1756–1791), compositor, casado con Constanze Weber (1762–1842), seis fillas e fillos:
              1. Raimund Leopold Mozart (1783–1783).
              2. Karl Thomas Mozart (1784–1858), oficial ao servizo do vicerrei de Nápoles en Milán; non casou nin tivo descendencia.
              3. Johann Thomas Leopold Mozart (1786–1786).
              4. Theresia Constantia Adelhaid Friederica Marianna Mozart (1787–1788).
              5. Anna Maria Mozart (1789–1789).
              6. Franz Xaver Wolfgang Mozart (1791–1844), compositor e mestre; non casou nin tivo descendencia.
          2. Franz Alois Mozart (1727–1791), encadernador en Augsburgo, casou con Maria Victoria Eschenbach:
            1. Maria Anna Thekla Mozart ("Bäsle") (1758–1841).
              1. Maria Josepha Berbier (1784-1842), casou con Franz Joseph Streitel:
                1. Carl Joseph Streitel (c. 1803), morreu sendo un neno.
          3. Outros cinco fillos e dúas fillas.
      4. David Mozart (1653–1710), un franciscano conventual.
      5. Johann Michael Mozart (1655–1718), escultor.
      6. Catro fillas.

Familia Weber[editar | editar a fonte]

A familia Weber emparentouse coa familia Mozart a través do matrimonio entre Wolfgang Amadeus e Constanze. A familia procedía de Zell im Wiesental (Alemaña) e incluía a:

  1. Fridolin Weber (1691–1754), casado con Maria Eva Schlar:[1]
    1. Franz Fridolin Weber (1733–1779), casado con Cäcilia Cordula Stamm (1727–1793):
      1. Josepha Weber (1758–1819), soprano, casada primeiro con Franz de Paula Hofer (1755–96) e logo con Sebastian Mayer (1773–1835).
      2. Aloysia Weber (c. 1760–1839), soprano, casada con Joseph Lange (1751–1831).
      3. Constanze Weber (1762–1842), casada primeiro con Wolfgang Amadeus Mozart (1756–1791) e despois con Georg Nikolaus von Nissen (1761–1826):
        1. Seis fillas e fillos con Wolfgang Amadeus Mozart mencionados arriba.
      4. Sophie Weber (1763–1846), cantante, casada con Jakob Haibel (1762–1826).
    2. Franz Anton Weber (1734–1812), casado con Genovefa Weber (1764–1798):[2]
      1. Carl Maria von Weber (1786–1826), compositor.

Galería[editar | editar a fonte]

Leopold Mozart, a súa muller Anna Maria e descendentes

Wolfgang Amadeus Mozart, a súa muller e fillos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kiefer, Siegfried (2003). "Die Ahnentafel der Familie Weber". Constanze Mozart (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 7 de agosto de 2004. Consultado o 30 de setembro de 2017. 
  2. Massenbach, Camilla von (2007). "Franz Anton Weber". Links (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]