Falocentrismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O falocentrismo é a convicción baseada na idea de superioridade masculina, na cal o falo representa o valor significativo fundamental. Trata unha estrutura ou estilo de pensamento, linguaxe ou escrita (moitas veces considerada como típica da filosofía, cultura ou literatura tradicionais do Occidente), desconstruída como expresión das actitudes masculinas e enfatización da superioridade masculina; en que o falocentrismo é implicitamente comunicado por ou a través da linguaxe.

O falocentrismo consiste nunha visión ou forma de pensamento que defende a lóxica do patriarcado. Estabelece o sistema da división simbólica do traballo entre os sexos, cuxa expresión "entre os xéneros" axuda a explicar. Neste sistema, o masculino e o feminino encóntranse nunha posición estruturalmente asimétrica: os homes, como os referentes empíricos do masculino, posúen o falo, ou sexa, a visión da virilidade abstracta. En oposición, a produción teórica do concepto de feminidade ten vindo a ser traballada dunha forma que non estea estritamente vinculada ao falo, representando unha alternativa á concepción falocéntrica, que trata a sexualidade feminina a través dun paradigma universal. A partir deste paradigma, o modelo adoptado é o da sexualidade masculina, e todo o que se afasta dese modelo é tratado de forma negativizada. O concepto de feminidade acentúa, en relación co modelo falocéntrico, a valorización do que é singular en oposición ó universal.

Ese imaxinario promoveu, ó longo da historia, unha asignación social do poder ó home, que este recibía como algo que lle era propio, "por natureza" como posuidor dun pene, garantía do "brillo fálico". En momentos en que os atributos de forza e valor físico eran imprescindíbeis para asegurar a posesión das terras, dos estados e das mulleres, a supremacía masculina era incontestábel. Todo un aparello institucional estaba destinado a sustentar a lóxica que dividía a especie entre seres “completos” e “incompletos”. Dende a psicanálise, pensar o falocentrismo, que sustenta a distribución de valores – e de poderes – na sociedade patriarcal, non xerou, mais reforzou o imaxinario “eles teñen – elas non” que non é máis que a teoría infantil nacida da imposibilidade de inscribir a diferenza sexual nos primeiros anos de vida.

Ver tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]