Concello de Falköping

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Falköping (municipio)»)

Coordenadas: 58°10′N 13°33′L / 58.167, -13.550

Concello de Falköping
Falköpings kommun
Casa do concello
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Västergötland
Condado Västra Götaland
Capital Falköping
Área e poboación
Poboación 33 313 habitantes
Censo 2022
Área 1 065,77 km²
Densidade 31,88 hab./km²
Mapa
Outros datos
Web falkoping.se

Falköping é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] Anteriormente estaba no desaparecido condado de Skaraborg. A súa capital é Falköping. No ano 2022 a súa poboación era de 33 313 habitantes.[2]

O concello está situado no leste do landskap de Västergötland. O río Lidan atravesa o suroeste do municipio dende o sur nunha curva cara o oeste. Falköping limita ao noroeste cos concellos de Vara e Skara, ao nordés co de Skövde, ao leste co de Tidaholm, ao sueste co de Mullsjö, ao sur co de Ulricehamn e ao oeste co municipio de Herrljunga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-18. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-25.