Falconsat 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Falconsat 1
Falconsat 1
TipoTecnolóxico
FabricanteAcademia da Forza Aérea dos Estados Unidos
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos
Destino actualEn órbita, fóra de servizo.[1]
Data de lanzamento27 de xaneiro de 2000, 3:03 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorMinotaur 1[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónProbas tecnolóxicas.[2]
NSSDC ID2000-004D
Datos orbitais
Semieixo maior7150 km[1]
Inclinación100,2 graos[1]
Apoapse807,5 km[1]
Periapse752,4 km[1]

Falconsat 1 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 27 de xaneiro de 2000 mediante un foguete Minotaur 1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Falconsat 1 foi un satélite pertencente ó programa Falcon da Forza Aérea dos Estados Unidos de microsatélites para aplicacións e probas tecnolóxicas. Levaba a bordo o experimento CHAWS (Charging Hazards and Wake Studies) e aínda que foi posto en órbita con éxito non se conseguiu poñelo completamente en funcionamento, aparentemente debido a problemas co sistema de enerxía, incapaz de cargar completamente as baterías de a bordo. As operacións co satélite cesaron despois dun mes tras a posta en órbita. Falconsat 1 foi inxectado nunha órbita inicial de 809 km de apoxeo e 752 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 100,2 graos e un período de 100,4 minutos.[1][2][3][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "FALCONSAT" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2012). "FalconSat 1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 2 November 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80466). 25 de xaneiro de 2001: 3. Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "FalconSat 1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "FalconSat 1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "FalconSat" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]