O Fairchild-Republic A-10 Thunderbolt II, coñecido tamén como Warthog, é o primeiro avión de combate norteamericano construído especialmente para dar soporte aéreo ás forzas terrestres, é un avión sinxelo, sólido e eficaz. O prototipo realizou o primeiro voo o 10 de maio de 1972, os primeiros avións destináronse á base militar aérea de Davis-Monthan en Arizona en outubro de 1975.
As forzas aéreas non acolleron con entusiasmo os A-10 Thunderbolt II, xa que apostaban polos bombardeiros de grande altitude e os F-15 e F-16, e preferían o apoio aéreo de helicópteros. O A-10 Thunderbolt II estaba pensado para misións lentas de baixa altitude as que se poderían dar contra tanques soviéticos na Europa Oriental.
O A-10 está deseñado en torno ao GAU-8 Avenger, un potente canón automático que forma o principal armamento do aparato. O casco do avión incorpora uns 540kg de blindaxe e o seu deseño está pensado para dar prioridade á supervivencia do avión, coas medidas de protección necesarias para permitir á aeronave permanecer no aire incluso despois de sufrir danos significativos.
Versión monopraza de ataque a terra e apoio aéreo próximo.
OA-10A
A-10A usados para control aéreo avanzado.
YA-10B Night/Adverse Weather
Prototipo experimental de dúas prazas, para traballos nocturnos e en malas condicións meteorolóxicas. O único YA-10B foi convertido a partir dun A-10A.[2][3]
A-10C
A-10A actualizados co programa Precision Engagement (PE).[4]
A-10PCAS
Variante non tripulada proposta para ser desenvolvida por Raytheon e Aurora Flight Sciences como parte do programa DARPA.[5]