Saltar ao contido

Faia Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFaia Díaz
Biografía
Nacemento1988 Editar o valor en Wikidata (37/38 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, historiador da arte Editar o valor en Wikidata

Sitio webfaia.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: faia.diaz Twitter: DiazFaia19657 Instagram: faiadiaz Dialnet: 5980863 Discogs: 9379108 Editar o valor en Wikidata

María Faia Díaz Novo, nada en Santiago de Compostela en 1988, é unha cantante galega e historiadora da arte.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Faia é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou estudos de etnomusicoloxía, cine e crítica artística e ten un Mestrado en Xestión do Patrimonio Arquitectónico, Museos e consumo de Arte pola USC.[2]

Foi unha das fundadoras e integrantes do grupo De Vacas e do Coro Encaixe. O seu primeiro disco en solitario titúlase Ao cabo leirín[3] e onde recolle música e letras de cancións tradicionais transmitidas por mulleres.[4]

En 2025 publicou o disco Alvela explorando as zonas escuras da maternidade.[5]

Colabora con artistas como Guadi Galego e forma parte de Amorodios, un proxecto musical que mestura jazz e música tradicional galega. [6]