Saltar ao contido

Fagira D. Morti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFagira D. Morti

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1974 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Talín, Estonia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, poetisa, escritora Editar o valor en Wikidata

Fagira D. Morti, pseudónimo de Margit Adorf, nada en Talín o 14 de febreiro de 1974, é unha xornalista, tradutora e poestisa estoniana.[1][2] O pseudónimo é case un anagrama do seu nome civil.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Fagira D. Morti formouse no instituto en Talín en 1992. Despois estudou xornalismo na Universidade de Tartu durante un tempo, pero non rematou. Vive como xornalista e autora independente en Talín.

Fagira D. Morti estreouse en 1995 cun primeiro volume de poesía e posteriormente publicou poesía na revista Looming. A finais do século XX, actuou xunto con Jan Kaus, Kalju Kruusa e Juku-Kalle Raid no grupo Õigem valem ("A fórmula máis correcta"). O grupo publicou varias antoloxías, algunhas das cales presentan un traballo de tipo experimental.[3] Adoita presentar poemas pictográficos con forma de copa e emprega a ironía e un certo sentido dramático.[1]

Os seus poemas caracterízanse por un "humor escuro, unha ambigüidade macabra", porque na súa "normalidade" sempre hai algo "indefinido, ameazante, ominoso, francamente obsceno e decadente".[4] Algúns dos seus poemas tamén foron traducidos ao inglés.[5]

Na súa faceta como crítica literaria e cinematográfica, asina co seu nome real -Margit Adorf- , é aguda e de lingua afiada.[1][2]

  • 1995: colección de poesía "Libamaailm"
  • 2001: colección de poesía "Normaalsuse etalon"
  • 2018: colección de poesía "Pöörane kiskjaloom"
  1. 1,0 1,1 1,2 K., A. "Estonian Writers Online Dictionary". sisu.ut.ee (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2025. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Fagira D Morti". headread.ee (en inglés). 2009. Consultado o 1 de abril de 2025. 
  3. Hasselblatt (2006), p. 790
  4. Krull: , in: 9/2001, S. 1414, Hasso (setembro 2011). Kultuurileht, ed. "Musilmadonavali". Looming (en estoniano) (Tallín): 1444–1445. ISSN 0134-4536. Consultado o 1 de abril de 2025. 
  5. VV.AA. (2001), pp. 28-30

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hasselblatt, Cornelius (2006). Geschichte der estnischen Literatur. Von den Anfängen bis zur Gegenwart (en alemán). Berlin / Nova York: Walter De Gruyter. ISBN 9783110180251. 
  • VV.AA. (2001). Five hours away. Nordic Poetry Festival (young Estonians poetry experience: April 20) Viie tunni tee. Põhjamaade luulefestival, (Eesti noorte luulekogemus: 20. aprill). Serie: Acrosswords (en inglés e estoniano). Tallín: Põhjamaade Ministrite Nõukogu Tallinna Infobüroo. ISBN 9985781279.