Factor VII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Factor VII
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Identificadores
externos
Número EC3.4.21.21
LocusCr. 13 q34
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
2155 14068
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P08709 P70375
RefSeq
(ARNm)
NM_000131 NM_010172
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000122 NP_034302
Localización (UCSC)
Cr. 13:
113.11 – 13.12 Mb
Cr. 8:
13.03 – 13.04 Mb
PubMed (Busca)
2155


14068

O factor VII de coagulación (FVII), antes chamado proconvertina, (EC 3.4.21.21) é unha das proteínas encimáticas que forma parte da fervenza de reaccións que causan a coagulación do sangue. É un encima da clase das serina proteases. Poden producirse formas recombinantes do factor VIIa humano, como eptacog alfa [activado], NovoSeven, que se aplicou a pacientes de hemofilia con hemorraxias incontroladas. Outra forma biosimilar menos usada é ou o factor VII activado AryoSeven.

Fisioloxía[editar | editar a fonte]

O principal papel do factor VII é iniciar o proceso de coagulacion en conxunción co factor tisular (TF/factor VII). O factor tisular encóntrase na parte exterior da parede dos vasos sanguíneos e normalmente non está exposto ao fluxo sanguíneo. Despois dunha lesión nun vaso, o factor tisular queda exposto ao sangue e ao factor VII circulante. Unha vez unido ao TF, o factor VII é activado, dando lugar ao factor VII activado (FVIIa) pola acción de diferentes proteases, estrre as cales están a trombina (factor IIa), os factores Xa, IXa, XIIa e o propio complexo FVIIa-TF. O complexo do factor VIIa co TF cataliza a conversión dos factores IX e X en proteases activas, que son os factores IXa e Xa, respectivamente.[1]

A acción do factor é impedida polo inhibidor da vía do factor tisular (TFPI), que se libera case inmediatamente despois da iniciación da coagulación. O factor VII é dependente da vitamina K; prodúcese no fígado. O uso de warfarina ou anticoagulantes similares fai descender a síntese hepática de factor VII.

Estrutura[editar | editar a fonte]

O factor VII comparte unha arquitectura de dominios común cos factores IX e X.

Xenética[editar | editar a fonte]

O xene do factor VII chámase F7 e está localizado no chromosome 13 humano (13q34).

Papel en enfermidades[editar | editar a fonte]

A deficiencia de factor VII (deficiencia de proconvertina conxénita) é rara e ten unha herdanza recesiva. Preséntase como un trastorno hemorráxico similar a unha hemofilia. Trátase co factor VIIa recombinante (NovoSeven ou AryoSeven). As estratexias para aplicar terapia xénica á deficiencia de factor VII son moi prometedoras e tiveron éxito en cans.[2]

Usos médicos[editar | editar a fonte]

O factor VIIa recombinante, comecializado como AryoSeven e NovoSeven, é utilizado en pacientes de hemofilia (con deficiencia do factor VIII ou IX) que desenvolveron anticorpos contra o factor de coagulación de substitución.

Foi tamén utilizado para estabilizar hemorraxias incontrolables,[3][4] pero o seu papel nesta estabilización é controvertida con evidencias insuficientes que apoien o seu uso fóra dos ensaios clínicos.[5] O primeiro informe do seu uso en hemorrxias foi a súa aplicación a un soldado israelí con hemorraxia incontrolable en 1999.[6] Os riscos do seu uso inclúen un incremento da trombose arterial.[5] Porén, os estudos feitos en animais non mostraron as complicacións observadas en humanos, e algúns dos estudos mostran un prognóstico mellor. Nas instalacións militares utilízase como unha intervención fóra das indicacións aprobadas en complicacións relacionadas coa coagulación intravascular diseminada relacionadas con hemorraxias causadas por traumas penetrantes.[7]

O factor VII recombinante humano, aínda que inicialmente parecía prometedor en hemorraxias intracerebrais, non demostrou ser beneficioso en posteriores estudos e xa non se recomenda.[8][9]

Interaccións[editar | editar a fonte]

O factor VII presenta interaccións co factor tisular e a proteína quinase C.[10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wajima T, Isbister GK, Duffull SB (September 2009). "A comprehensive model for the humoral coagulation network in humans". Clinical Pharmacology and Therapeutics 86 (3): 290–8. PMID 19516255. doi:10.1038/clpt.2009.87. 
  2. Marcos-Contreras OA, Smith SM, Bellinger DA, Raymer RA, Merricks E, Faella A, Pavani G, Zhou S, Nichols TC, High KA, Margaritis P. Sustained correction of FVII deficiency in dogs using AAV-mediated expression of zymogen FVII. Blood. 2016 Feb 4;127(5):565-71. doi: 10.1182/blood-2015-09-671420. Epub 2015 Dec 23. PMID 26702064
  3. Roberts HR, Monroe DM, White GC (December 2004). "The use of recombinant factor VIIa in the treatment of bleeding disorders". Blood 104 (13): 3858–64. PMID 15328151. doi:10.1182/blood-2004-06-2223. 
  4. "Uncontrolled Bleeding and Injury Lawsuit Claims". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2016. Consultado o 06 de setembro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Simpson E, Lin Y, Stanworth S, Birchall J, Doree C, Hyde C (March 2012). "Recombinant factor VIIa for the prevention and treatment of bleeding in patients without haemophilia". The Cochrane Database of Systematic Reviews 3 (3): CD005011. PMID 22419303. doi:10.1002/14651858.CD005011.pub4. 
  6. Kenet G, Walden R, Eldad A, Martinowitz U (November 1999). "Treatment of traumatic bleeding with recombinant factor VIIa". Lancet 354 (9193): 1879. PMID 10584732. doi:10.1016/S0140-6736(99)05155-7. 
  7. Hodgetts, T. J.; Kirkman, E.; Mahoney, P. F.; Russell, R.; Thomas, R.; Midwinter, M. (2007-12-01). "UK Defence Medical Services Guidance for the Use of Recombinant Factor VIIA (RFVIIA) in the Deployed Military Setting". Journal of the Royal Army Medical Corps (en inglés) 153 (4): 307–309. ISSN 0035-8665. PMID 18619169. doi:10.1136/jramc-153-04-18. 
  8. Mayer SA, Brun NC, Begtrup K, Broderick J, Davis S, Diringer MN, Skolnick BE, Steiner T (February 2005). "Recombinant activated factor VII for acute intracerebral hemorrhage". The New England Journal of Medicine 352 (8): 777–85. PMID 15728810. doi:10.1056/NEJMoa042991. 
  9. Mayer SA, Brun NC, Begtrup K, Broderick J, Davis S, Diringer MN, Skolnick BE, Steiner T (May 2008). "Efficacy and safety of recombinant activated factor VII for acute intracerebral hemorrhage". The New England Journal of Medicine 358 (20): 2127–37. PMID 18480205. doi:10.1056/NEJMoa0707534. 
  10. Carlsson K, Freskgård PO, Persson E, Carlsson U, Svensson M (June 2003). "Probing the interface between factor Xa and tissue factor in the quaternary complex tissue factor-factor VIIa-factor Xa-tissue factor pathway inhibitor". European Journal of Biochemistry 270 (12): 2576–82. PMID 12787023. doi:10.1046/j.1432-1033.2003.03625.x. 
  11. Zhang E, St Charles R, Tulinsky A (February 1999). "Structure of extracellular tissue factor complexed with factor VIIa inhibited with a BPTI mutant". Journal of Molecular Biology 285 (5): 2089–104. PMID 9925787. doi:10.1006/jmbi.1998.2452. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Broze GJ, Majerus PW (February 1980). "Purification and properties of human coagulation factor VII". The Journal of Biological Chemistry 255 (4): 1242–7. PMID 7354023. 
  • Versteeg HH, Peppelenbosch MP, Spek CA (December 2001). "The pleiotropic effects of tissue factor: a possible role for factor VIIa-induced intracellular signalling?". Thrombosis and Haemostasis 86 (6): 1353–9. PMID 11776298. 
  • Golino P (May 2002). "The inhibitors of the tissue factor:factor VII pathway". Thrombosis Research 106 (3): V257–65. PMID 12356487. doi:10.1016/S0049-3848(02)00079-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]