Faa yeung nin wa
Faa yeung nin wa (en chinés: 花樣年華) é un filme de Hong Kong e Francia de 2000 escrito, producido e dirixido por Wong Kar-wai, e protagonizado por Tony Leung e Maggie Cheung. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2000 o 20 de maio,[1] conseguindo a aclamación da crítica e un nomeamento á Palma de Ouro; Leung gañou o premio ao mellor actor (sendo o primeiro actor de Hong Kong en conseguilo). Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 73ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A acción desenvólvese en Hong Kong en 1962. Chow Mo-Wan, redactor xefe dun diario local, aluga un cuarto nun apartamento o mesmo día que Su Lizhen, secretaria dunha compañía navieira. Son veciños e por motivos de traballo as súas respectivas parellas déixanos sós durante certo tempo. A pesar de ter unha rendeira e uns veciños amigábeis, Chow e Su atópanse a miúdo sós nos seus cuartos e traban amizade.
Chow descobre que as súas respectivas parellas manteñen unha relación extramatrimonial e a partir dese día comezan a pasar máis tempo xuntos, reconfortándose o un coa presenza do outro. Segundo a súa relación se volve máis íntima e a xente comeza a darse de conta, cada un intenta persuadir o outro para que non abandone a súa parella.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Maggie Cheung como Su Li-zhen (Mrs. Chan)
- Tony Leung como Chow Mo-wan
- Siu Ping Lam como Ah Ping
- Rebecca Pan como Mrs. Suen
- Kelly Lai Chen como Mr. Ho
- Joe Cheung como o home que vive no apartamento de Mr. Koo
- Chan Man-Lei como Mr. Koo
- Chin Tsi-ang como serva de Suen
- Roy Cheung como Mr. Chan (voz)
- Paulyn Sun como Mrs. Chow
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Images – In the Mood for Love". imagesjournal.com. Consultado o 13 de marzo de 2016.
- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences