FLTSATCOM
FLTSATCOM (acrónimo de Fleet Satellite Communications System) é o nome dunha serie de satélites de comunicacións militares dos Estados Unidos construídos por TRW para a Armada. Lanzáronse oito entre 1978 e 1989, todos desde Cabo Cañaveral, e dos cales dous fallaron. O sistema de satélites proporcionaba unha cobertura global na banda de UHF entre aeronaves, buques, submarinos, instalacións en terra e o Mando Aéreo Estratéxico. Os satélites poden dividirse en dous bloques: o primeiro, que abarca os cinco primeiros satélites, eran máis lixeiros e con menos capacidades que os do segundo bloque. Os satélites FLTSATCOM foron substituídos polos satélites UFO.[1]
FLTSATCOM 1, 2, 3, 4 e 5 (Bloque 1)
[editar | editar a fonte]Os satélites do primeiro bloque tiñan unha masa duns 1880 kg e unha esperanza de vida de 12 anos en órbita. Usaban 12 transpondedores en UHF e se alimentaban mediante paneis solares. Tiñan unha antena principal duns 3 m de diámetro. Os cinco foron lanzados mediante foguetes Atlas SLV-3D, co último inoperativo debido a un problema durante o lanzamento.[2]
FLTSATCOM 6, 7 e 8 (Bloque 2)
[editar | editar a fonte]Os satélites do segundo bloque tiñan unha maior masa, ata uns 2300 kg, unha esperanza de vida de 12 anos en órbita e tamén 12 transpondedores, así como a mesma antena de 3 metros de diámetro. Adicionalmente levaban unha antena helicoidal de case 4 m de longo. Os paneis solares lles proporcionaban ata 1200 W de potencia. A bordo levaban tamén equipamento para a banda EHF a modo de proba, para novos terminais en desenvolvemento. Os tres foron lanzados mediante foguetes Atlas G, co último inoperativo debido a un problema durante o lanzamento.[3]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Voo[1][2][3] | Data[1][2][3] | Carga[1][2][3] | Resultado[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|---|
1 | 9 de febreiro de 1978 | FLTSATCOM 1 | Éxito | |
2 | 4 de maio de 1979 | FLTSATCOM 2 | Éxito | |
3 | 18 de xaneiro de 1980 | FLTSATCOM 3 | Éxito | |
4 | 31 de outubro de 1980 | FLTSATCOM 4 | Éxito | |
5 | 6 de agosto de 1981 | FLTSATCOM 5 | Fallo | Problema coa cofia do foguete, deixando o satélite en órbita pero inservible. |
6 | 26 de marzo de 1987 | FLTSATCOM 6 | Fallo | Desvío do foguete do seu curso polo impacto dun raio. |
7 | 5 de decembro de 1986 | FLTSATCOM 7 | Éxito | |
8 | 25 de setembro de 1989 | FLTSATCOM 8 | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "FLTSATCOM" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FLTSATCOM 1, 2, 3, 4, 5 (Block 1)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FLTSATCOM 6, 7, 8 (Block 2)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: FLTSATCOM |