FC Hradec Králové

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
FC Hradec Králové
NomeFC Hradec Králové
Fundación1905
EstadioVšesportovní stadion
Inauguración11 de maio de 1966
Capacidade7 220
PresidenteRepública Checa Richard Jukl
AdestradorRepública Checa Miroslav Koubek
LigaPrimeira División da República Checa
2021/226.°
Na rede
https://www.fchk.cz/

O FC Hradec Králové é un club de fútbol checo con sede na cidade de Hradec Králové. Milita na Primeira División Checa.

Foi fundado en 1905 e conta no seu palmarés cun título da liga checoslovaca, conquistado na tempada 1959/60, e unha Copa Checa, gañada en 1995.

Disputou a Copa de Europa 1960–61, onde foi eliminado polo Barcelona nos cuartos de final, e a Recopa 1995/96 onde caeu en oitavos de final ante o Dinamo de Moscova. A partir do ano 2000 sufriu varios ascensos e descensos entre a primeira e a segunda división do fútbol checo.

Historia[editar | editar a fonte]

O Hradec Králové xogou por primeira vez na Primeira División de Checoslovaquia en 1956. Descendeu despois de dúas tempadas, pero regresou para a tempada 1959/60, na que acabou gañando a liga.[1] Este título permitiulle participar na Copa de Europa 1960-61, onde foi eliminado polo Barcelona nos cuartos de final.

O equipo volveu descender en 1963. Posteriormente viviu catro períodos máis na Primeira División Checoslovaca ata a disolución do país en 1993. O Hradec xogou entón na nova Primeira División Checa desde o seu inicio en 1993 ata descender ao final da tempada 1999/00 . O seu mellor resultado de liga nese período foi o 8º posto, que logrou na tempada 1998/99. Durante a década de 1990 o club logrou o seu segundo título, a Copa Checa, competición que gañou en 1995, ao derrotar na final o Viktoria Žižkov. Grazas a isto o equipo clasificouse para a Recopa de Europa, onde foi eliminado en oitavos de final polo Dinamo de Moscova .

O Hradec Králové volveu á máxima categoría en 2001 tras proclamarse campión da segunda división.[2] Despois de só dúas tempadas, o club volveu rematar nos postos de descenso e baixou de novo á segunda categoría. Pasaron sete anos antes de que o club lograse un novo ascenso, consumándose este tras gañar a segunda división 2009/10.[3] Na tempada 2010-11 o Hradec igualou a súa mellor posición histórica na liga checa, o oitavo posto.

Nomes[editar | editar a fonte]

  • 1905: SK Hradec Králové
  • 1948: Sokol Hradec Králové
  • 1949: Sokol Škoda
  • 1953: DSO Spartak Hradec Králové (Dobrovolná Sportovní Organisace Spartak Hradec Králové)
  • 1976: TJ Spartak ZVU Hradec
  • 1989: RH Spartak ZVU Hradec Králové
  • 1990: SKP Spartak Hradec Králové
  • 1992: SKP Fomei Hradec Králové
  • 1994: SK Hradec Králové
  • 2005: FC Hradec Králové

Récords de xogadores na Primeira División Checa[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jeřábek, Luboš (2007). Český a československý fotbal – lexikon osobností a klubů (en checo). Praga: Grada Publishing. p. 67. ISBN 978-80-247-1656-5. 
  2. "Fotbalisté Hradce Králové jsou prvoligoví" (en checo). 13 de maio de 2001. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  3. "Hradec se po sedmi letech vrací mezi elitu, Ústí na postup musí ještě počkat" (en checo). 21 de maio de 2010. Consultado o 4 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]