Fútbol Club Cruceiro do Hío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «FC Cruceiro do Hío»)
F.C Cruceiro do Hío
NomeFútbol Club Cruceiro do Hío
Fundación1978
EstadioJavier Guimeráns
PresidenteGalicia Luciano Lorenzo Nogueira
AdestradorGalicia Óscar Sánchez Fernández
LigaSegunda Autonómica de Galicia
Tempada 2018-19
Na rede
Facebook: f.c.cruceiro.dohio Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Fútbol Club Cruceiro do Hío é un equipo de fútbol galego da parroquia do Hío, en Cangas. Leva o nome do cruceiro do Hío, situado nesa parroquia. Actualmente xoga na Segunda Autonómica, na tempada 18/19 clasificou para a fase de ascenso a primeira, fase na que sería eliminado.

A súa primeira equipación é branca cunha franxa azul celeste en diagonal. No escudo está debuxado o característico cruceiro que lle dá nome.

Chegou a xogar na terceira división na tempada 2006/2007, sendo este o máximo logro da historia do club. Actualmente o FC Cruceiro do Hio intenta conseguir o ascenso que se lle escapou na tempada 18/19, ao ser eliminado na fase de ascenso da liga.

Tempadas[editar | editar a fonte]

Temporada Federación Competición Posición
1999/00 Galega Primeira Autonómica
2000/01 Galega Primeira Autonómica 11
2001/02 Galega Primeira Autonómica 1
2002/03 Galega Preferente Autonómica 8
2003/04 Galega Preferente Autonómica 7
2004/05 Galega Preferente Autonómica 14
2005/06 Galega Preferente Autonómica 2
2006/07 Española Tercera división 20
2007/08 Galega Preferente Autonómica 5
20008/09 Galega Preferente Autonómica 5
2009/10 Galega Preferente Autonómica 12
2010/11 Galega Preferente Autonómica 8
2011/12 Galega Preferente Autonómica 15
2012/13 Galega Primeira Autonómica 14
2013/14 Galega Primeira Autonómica 7
2014/15 Galega Primeira Autonómica 16
2015/16 Galega Segunda Autonómica 8
2016/17 Galega Segunda Autonómica 6
2017/18 Galega Segunda Autonómica 9
2018/19 Galega Segunda Autonómica 3
2019/20 Galega Segunda Autonómica 11 (tempada interrompida por COVID-19)
2020/21 Galega Segunda Autonómica