Charles Francis Keary

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «F. C. Keary»)
Charles Francis Keary
Retrato de Charles Francis Keary
por Rupert Bunny (1891).
Datos persoais
AlcumeH. Ogram Matuce
Nacemento1848.
Lugar Stoke-on-Trent.
Inglaterra.
Falecemento25 de outubro de 1917 (69 anos).
Lugar Londres.
Inglaterra.
Nacionalidadebritánica.
Actividade
CampoLiteratura e numismática.
Alma máter Trinity College.
Universidade de Cambridge.
Contribucións e premios
Premios(1894): Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

Charles Francis Keary, nado en Stoke-on-Trent en 1848 e finado en Londres o 25 de outubro de 1917, foi un novelista, historiador e numismático inglés.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Charles F. Keary naceu en 1848 nunha familia irlandesa proveniente de Galway que se establecera no distrito industrial de Stoke-on-Trent, en Staffordshire. Era fillo de Ann Archer e de William Keary, quen en 1874 se converteu no primeiro alcalde de Stoke-on-Trent.[3]

Cursou o ensino secundario no Marlborough College e os seus estudos universitarios no Trinity College, da Universidade de Cambridge.[2][4]

Historia e numismática[editar | editar a fonte]

A Keary fascinábao a historia escandinava e a mitoloxía primitiva, o que o levou a escribir unha serie de libros acerca destas cuestións; en concreto, The Vikings in Western Christendom (1890) foi un libro de referencia neste tema durante décadas.[4]

Así mesmo, escribiu diversas obras acerca das orixes das relixións, como The outlines of primitive belief (1882) ou The mitology of the Eddas (1882).[4]

Kery era tamén un experto na historia de Noruega e no pobo noruegués, e coñeceu moitos poetas e eruditos dese país.[5]

Ilustración da obra A Catalogue of English Coins in the British Museum. Anglo-Saxon Series. Volume II (1893).

O 6 de marzo de 1872 ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, en Londres, onde permaneceu ata 1887.[4][6] Alí participou na redacción da súa principal obra numismática: A Catalogue of English Coins in the British Museum: Anglo-Saxon Series, publicada dentro da serie British Museum Catalogues of Coins en dous tomos, o primeiro aparecido en 1887, con Reginald Stuart Poole como editor, e o segundo, escrito xunto con Herbert Appold Grueber, en 1893.[6]

Durante esta etapa no British Museum mantivo gran amizade co filósofo anglo-irlandés Francis Ysidro Edgeworth.[7]

Keary foi membro da Royal Numismatic Society, que en 1894 o distinguiu coa súa medalla de ouro. As súas contribucións na revista Numismatic Chronicle, publicada por esta sociedade, foron moi numerosas, mesmo despois da súa xubilación.[6]

Ficción literaria[editar | editar a fonte]

Na derradeira década do século, Keary abandonou os estudos numismáticos e dedicouse á literatura, influído polos novelistas rusos da súa época.[4]

Xa en 1888 publicara baixo o pseudónimo de H. Ogram Matuce unha novela radicalmente impresionista: The Wanderer: From the papers of the late H. Ogram Matuce. A súa primeira novela co seu nome foi A Mariage de Convenance, publicada en 1889.[8] En tres tomos publicou logo The Two Lancrofts (1893) centrada no ambiente literario desde a Universidade de Oxford ata o París de Balzac e Zola.[9] Herbert Vanlennart (1895) está baseada na súa viaxe á India, que tamén recolleu no seu libro de viaxes India: Impressions (1903). Na súa seguinte novela, Bloomsbury (1905)[10] plasmou a súa experiencia de moverse "no curioso intelectualismo neurótico"[11] dos círculos literarios londinienses, no Bloomsbury de finais da década de 1880 e principios da de 1890.[4]

Keary tamén pobou a forma daquela de moda do drama en verso, con The Brothers: a Fairy Masque (1902) e Rigel: a Mystery" (1903), e adentrouse con máis éxito no terreo da filosofía con The Pursuit of Reason (1910).[12] Despois da súa repentina morte o 26 de outubro de 1917 dun ataque ao corazón,[13][14] saíu tamén á luz un libro póstumo de poemas: The Posthumous Poems of C. F. Keary (1923).[4]

A súa colección de obras curtas Twixt Dog and Wolf (1901) é coñecida por ter influído na novela de James Joyce Dubliners (1905), como evidencia unha carta de Joyce datada o 24 de setembro de 1905.[15] O historiador do xénero fantástico Douglas A. Anderson describiu Twixt Dog and Wolf como unha "ficción literaria extraña e de alto nivel".[16]

Música[editar | editar a fonte]

Keary escribiu tamén o libreto da ópera Koanga (1904), do compositor Frederick Delius.[17]

A irmá de Charles Keary, Alice Annie Keary, era folclorista e facía colleitas de cancións populares de Staffordshire.[18] O propio Charles viaxou por Europa e dedicouse tamén á colleita de cancións populares, o que deu lugar á publicación da serie de artigos titulada Roumanian Peasants and their Songs.[19]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Estas son as obras literarias e os estudos monográficos máis salientables dos publicados por Charles Francis Keary ao longo da súa vida:[21][22][23]

Ficción[editar | editar a fonte]

  • (1889). A Mariage de Convenance. Fisher Unwin, Londres.
  • (1893). The two Lancrofts. Vol. I; Vol. II; Vol. III. Osgood, McIlvaine & Co., Londres.
  • (1895). Herbert Vanlennert. J. B. Lippincott, Filadelfia.
  • (1898). The Journalist. Methuen, Londres.
  • (1902). High Policy. Fisher Unwin, Londres.
  • (1902). The Brothers: a Fairy Masque. Longmans, Londres.
  • (1903). Rigel. An autumn mystery. David Nutt, Londres.
  • (1905). Bloomsbury. Londres.
  • (1909). The Mount.

Numismática[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Atkinson, D. (2007).
  2. 2,0 2,1 "Charles Francis Keary". Cambridge Alumni Database. University of Cambridge.
  3. "Keary, William". People of Stoke-on-Trent (Thepotteries.org).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Obituary. Mr. C. F. Keary". En The Times. 27 de outubro de 1917. Páxina 9. [Texto en Wikisource]
  5. Downs, B. W. (1952). "Anglo-Norwegian Literary Relations 1867-1900". En The Modern Language Review. Vol. 47. Nº 4. Páxinas 449-494.
  6. 6,0 6,1 6,2 Hill, G. F. (1917). Páxina 319.
  7. Barbé, Lluís. (2010). Francis Ysidro Edgeworth. A Portrait with Family and Friends. Edward Elgar, Cheltenham. Páxina 131. ISBN 978 1 84844 716 5
  8. Hill, G. F. (1917). Páxina 320.
  9. "256. Keary, Charles Francis". En XIX Century Fiction, Part I, A–K. Jarndyce, Bloomsbury, 2019
  10. Recensión de Bloonsbury por C. F. Keary. En The Athenaeum (4044): 523. 24 de abril de 1905.
  11. Recensión da novela en The Spectator, 8 de abril de 1905.
  12. Recensión de The pursuit of reason por C. F. Keary. En The Athenaeum (4360): 562. 20 de maio de 1911.
  13. "Charles F. Keary Dead". En The Baltimore Sun. 28 de outubro de 1917. Páxina 11.
  14. "Charles F. Keary Dies". En The New York Times. 28 de outubro de 1917. Páxina 21.
  15. Ellmann, R. (ed.) (1966). Letters of James Joyce. Vol. 2. Páxina 111.
  16. Anderson, D. A. (2018). Late Reviews. Nodens Books, Marcellus. Páxina 89. ISBN 9781987512564
  17. White, J. (2004). "The Literary Sources of the Delius Operas". En Delius Society Journal. Verán. Páxinas 16-18.
  18. Haden, D. "Miss Keary on doorstep luck in North Staffordshire"
  19. "Roumanian peasants and their songs". En The Chautauquan. Vol. III. Nº 4. 1883. Páxina 197-199.
  20. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  21. "Keary, Charles Francis 1848-1917 Arquivado 11 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  22. "Keary, C. F. (Charles Francis) 1848-1917". En WorldCat Identities.
  23. Hill, G. F. (1917). Páxinas 320-321.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]