Fólkaflokkurin
Aparencia
| Fólkaflokkurin | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
O Partido Popular ou Fólkaflokkurin é un partido político conservador das Illas Feroe, liderado por Anfinn Kallsberg. O partido está afiliado á Unión Internacional Demócrata. Nas derradeiras eleccións do 20 de xaneiro de 2004, o partido obtivo o 20.6% do voto popular e 6 dos 32 escanos. O partido ten defendido tradicionalmente unha grande autonomía para as Illas Feroe, pero dende 1994 amósase partidario da total independencia do arquipélago en coalición cos partidos Tjóðveldisflokkurin e Sjálvstýrisflokkurin.