Férvedes II
![]() | Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Pena Grande de Férvedes" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Férvedes II é un sitio arqueolóxico do paleolítico superior, ao aire libre, situado na Pena Grande de Férvedes, nos contrafortes da serra da Carba,[1] na parroquia de Lousada (Xermade), no que hai unha cavidade natural entre rochas que serviron de morada e refuxio aos primeiros habitantes de Xermade.[2].
Neste sitio, descuberto en 1971 polo arqueólogo José Ramil Soneira, encontráronse ferramentas de sílex, cuarzo e cristal de rocha, e un colgante pétreo de forma ovoidal cun orificio de forma circular e decorado en amabas as dúas caras cun profundo suco horizontal, datado en hai uns 17 000 anos, denominado colgante de pedra decorado de Férvedes, que foi a manifestación artística máis antiga coñecida até entón en Galicia.[1][2][3] Tamén se atopou unha azagaia de óso decorada cunha inscrición horizontal. (Máis adiente, entre 2007 e 2013 encontráronse obxectos máis antigos nas escavacións arqueolóxicas da cova de Valdavara (Becerreá).[4]
No ano 1983, Ramil Soneira e Vázquez Varela deron a coñecer a primeira noticia de arte moble en Galicia, unha peza de pedra de forma oval perforada e decorada con sucos que interpretan como un colgante.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Xermade. Pena Grande de Férvedes. Na web O Noso Patrimonio.
- ↑ 2,0 2,1 Algo de historia: paleolítico, castros e romanización. Na web do Concello de Xermade.
- ↑ "Valdavara únese á Valiña, Pena Grande, Férvedes ou Pena Xiboi para documentar ese último período", artigo en La Voz de Galicia, 27 de xullo de 2008.
- ↑ Arqueólogos da USC atopan os obxectos de adorno máis antigos do noroeste peninsular na web GaliciaDigital. Cultura Galega.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |