Félix Likiniano
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de xaneiro de 1909 Eskoriatza |
| Morte | 22 de decembro de 1982 Biarritz |
| Outros nomes | Liki |
| Ideoloxía política | Anarquismo e Independence anarchism (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | sindicalista |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Rango militar | Tenente |
| Participou no conflito | guerra civil española Resistencia francesa |
| Familia | |
| Cónxuxe | Casilda Hernáez |
| Parella | Casilda Hernáez |

Félix Likiniano Heriz, nado en Eskoriatza (Guipúscoa) o 14 de xaneiro de 1909 e finado en Biarritz (Pireneos Atlánticos) o 22 de decembro de 1982, foi un militante anarquista vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era «un excelente escultor e artista, sobre todo na talla en madeira»[Cómpre referencia]. Foi castigado a 15 anos de cárcere por organizar durante o seu servizo militar unha revolta contra os oficiais da armada española, e a outros tantos por solidarizarse cos mineiros asturianos en 1934.
Ideoloxicamente foi anarquista. Na guerra civil española militou na CNT e participou na defensa militar de Donostia e nas milicias armadas de Aragón e Cataluña. Tras o triunfo da sublevación militar franquista na resistencia francesa á ocupación nazi e nos grupos guerrilleiros que operaban ao longo da fronteira franco-española coñecidos como maquis[Cómpre referencia].
É coñecido por ser o creador do anagrama "Bietan jarrai", o machado, que representa a forza, e a serpe, símbolo do sixilo. Na década dos 60 coñeceu e axudou a membros de ETA. O citado anagrama foi posteriormente utilizado por esta organización.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pilar Iparragirre: Félix Likiniano, miliciano de la utopía. Tafalla: Txalaparta, 1994.