Fiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Félix")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
San Fiz de Valois, cofundador dos trinitarios.

Fiz ou Fins[1] é un nome propio masculino na súa variante en galego. Procede do latín: Felix (en grego: Φήλιξ) e significa «aquel que se considera feliz ou afortunado». Acepta as variantes Felicio, Feliciano e Félix; e os femininos: Felisa, Felicia e Feliciana.

Orixe[editar | editar a fonte]

Fiz é o nome dun personaxe bíblico do Novo Testamento:

  • Fiz un dos libertos do emperador Claudio, e por el designado para ser procurador de Xudea, 51 d. C. Cando Paulo foi enviado preso a Cesarea, mostrouse perante Fiz. (Feitos 23:24, 26; 24:3-27; 25:14).

O nome en Galicia[editar | editar a fonte]

30 parroquias teñen San Fiz coma padrón, e outras 10 coa variante do nome San Fins.

En xaneiro de 2016 existían 56 varóns en Galicia co nome Fiz, porén a variante Fins está polo de agora en desuso[2].

Equivalencias noutras lingua[editar | editar a fonte]

Variantes noutras linguas
Alemán Felix
Castelán Félix
Catalán Fèlix, Feliu
Checo Felix
Esperanto Felikso
Éuscaro Peli
Francés Félix
Galego Fiz ou Fins
Grego Φήλιξ (Félix)
Hebraico פליקס
Holandés Felix
Inglés Felix
Italiano Felice
Letón Fēlikss
Lituano Feliksas
Latín Felix
Polaco Feliks
Portugués Félix
Ruso Феликс (Feliks)
Xeorxiano ფელიქს (Pheliks)

Santoral[editar | editar a fonte]

A celebración do santo de Fiz corresponde a diferentes datas para a celebración da súa onomástica, porén as máis tradicionais son: o 14 de xaneiro (S. Fiz de Nola); o 18 de maio (S. Fiz de Cantalicio); o 29 de maio (S. Fiz ermitán español do século VIII nado en Zaragoza); o 30 de maio (S. Fiz I papa); o 5 de xuño (S. Fiz de Frizlar, monxe alemán); o 29 de xullo (S. Fiz II papa e mártir); o 1º de agosto (S. Fiz de Lión); o 22 de setembro (S. Fiz IV papa); o 6 de novembro (S. Fiz mártir africano e S. Fiz freire italiano do século VI); o 20 de novembro (S. Fiz de Valois); o 26 de novembro (S. Fiz de Ravena, bispo).

Personaxes célebres[editar | editar a fonte]

  • Fiz I (* Roma, ¿202? – † 30 de decembro de 274). Papa nº 26 da Igrexa católica de 269 a 274.
  • Fiz III, (* Samnio, ¿? – † Roma, 22 de setembro de 530). Papa nº 54 da Igrexa católica de 526 a 530.
  • Fiz de Bizancio, bispo de Bizancio de 136 a 141.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. Nome Fiz na Web do Intituto Nacional de Estatística

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]