Fátima Hamed Hossain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFátima Hamed Hossain
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Ceuta, España Editar o valor em Wikidata
Member of the Assembly of Ceuta (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia - law degree (en) Traducir (1998–2004) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovimiento por la Dignidad y la Ciudadanía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e árabe Editar o valor em Wikidata

Fátima Hamed Hossain, nada en Ceuta en 1978, é unha avogada e política española. É deputada da Asemblea de Ceuta desde 2015 polo partido Movimiento por la Dignidad y la Ciudadanía (MDyC). Foi a primeira muller musulmá á fronte dun grupo político con representación en España.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O Movimiento por la Dignidad y la Ciudadanía é un partido político español de ámbito ceutí formado en outubro de 2014 por un grupo de membros escindidos de Coalición Caballas, liderados por Hamed.[2] Nas eleccións ceutíes de 2015 o MDyC obtivo 3.264 votos (11,19 % do total) e tres escanos. Deste xeito, Hamed converteuse na primeira muller musulmá en liderar un grupo político na Asemblea de Ceuta.[3] Nas eleccións ceutíes de 2019, Hamed volveu liderar a candidatura. Desta volta, os resultados empeoraron respecto aos anteriores comicios e perderon un deputado dos tres cos que contaban na lexislatura anterior.

O sábado 13 de novembro de 2021, Fátima Hamed Hossain participou nun acto no Teatro Olympia de Valencia. Nese evento tamén estaban Yolanda Díaz (vicepresidenta segunda do Goberno de España e Ministra de Traballo e Economía Social), Ada Colau (alcaldesa de Barcelona), Mónica Oltra (vicepresidenta primeira e conselleira de Igualdade da Generalitat Valenciana), e Mónica García (voceira de Más Madrid na Asemblea de Madrid).[4]

Notas[editar | editar a fonte]