Fátima Baeza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fátima Baeza
Nome completoFátima Baeza Medina
Nacemento22 de maio de 1973
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Educada enReal Escuela Superior de Arte Dramático
Profesiónactriz de teatro e actriz de cinema
Na rede
IMDB: nm1104613 Facebook: FatimaBaezaFanClub Twitter: fatimabaezam Instagram: fatimabaezam Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fátima Baeza Medina, nada en Madrid o 22 de maio de 1973, é unha actriz española, coñecida especialmente polo seu papel da enfermeira Esther García na serie Hospital Central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada pola Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid, Fátima Baeza conta cunha ampla experiencia como actriz de teatro. Tamén fixera pequenos papeis en varias series de televisión (Farmacia de guardia, Hermanas, El comisario) ata que lle chegou a a oportunidade de converterse nunha das protagonistas de Hospital Central. O seu papel nesta serie, o da enfermeira Esther García, é o que a deu a coñecer entre o gran público. Participou na serie nas 18 primeiras tempadas, e destaca nelas a súa relación coa pediatra Maca (Patricia Vico).

Participou en varios curtos e numerosas obras de teatro e tamén apareceu como invitada en varios programas de televisión como El Plus, El programa de Ana Rosa, Las mañanas de Cuatro ou Pasapalabra, entre outros.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

A súa parella é o tamén actor Guillermo Ortega (Aquí no hay quien viva, La que se avecina), co que coincidiu cando ambos estudaban interpretación na RESAD. En 2005 traballaron xuntos no curto Queridos reyes magos, de Tirso Calero.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Longametraxes
Curtametraxes

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos
Personaxes episódicos

Teatro[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Gayo 2004
  • Premio Shangay TV 2005
  • Premio Mostra Lambda (2005).
  • Premio Lesgaicinemad (2005).
  • Candidata ao premio da Unión de Actores como mellor actriz secundaria de televisión por Hospital Central (2005).
  • Premio Shangay TV 2008
  • Candidata á mellor interpretación por Spot no Festival Notodofilmfest (2010).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]