Ezetaerre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ezetaerre
OrixeGaliciaA Coruña, Galiza
Período2015 - presente
Xénero(s)Hip hop
Selo(s) discográfico(s)Santa Guerrilla

New Beats

Panda Artist Management
MembrosGarchu
Pirola
Petrowski
Na rede
ezetaerre.com
Facebook: ezetaerre Twitter: ezetaerre Instagram: ezetaerre Youtube: UCaC2--8K0xYPnPdT3JY4xdA Spotify: 4r7GFgk8H9WJAdbuDA1g3J Last fm: Ezetaerre Musicbrainz: 3f36259d-eed4-4c14-9c99-ffa2f4b89c83 Editar o valor em Wikidata

Ezetaerre é un grupo de hip hop galego formado na Coruña no 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A traxectoria do grupo comezou en xuño de 2015, cando os tres integrantes fixeron unha canción satírica contra a fusión de dúas facultades na Universidade da Coruña.[1] O nome da banda vén das iniciais de "El zulo rojo", xa que así era como lle chamaban ao piso no que vivían, daquela, dous dos integrantes.[1] A finais dese mesmo ano, publicaron Berros do mar, tema que se integrou posteriormente na maqueta do grupo, publicada en marzo de 2016 e composta por 10 temas.

En maio de 2016, gañaron o III Premio Revenidas de Música Emerxente, que lles deu a oportunidade de actuar en directo na edición dese ano do Festival Revenidas (Vilaxoán).[2] En xullo do mesmo ano, o grupo publicou A herdanza do vento, con Iago Pico na produción e Néboa Films na realización do videoclip. Foi o primeiro traballo do grupo da man do selo independente Santa Guerrilla [1].

En febreiro de 2017, o grupo editou o seu primeiro traballo de estudo, Aspiracións mínimas e urxentes, un LP de 8 temas producido por Iago Pico en Pousada Son Studios. O día do lanzamento do disco, a banda publicou na súa canle de YouTube un videoclip por cada tema do disco, sendo a primeira banda galega en sacar 8 videoclips nun mesmo día.[3] En novembro dese ano, e como homenaxe ao centésimo aniversario da Revolución Rusa, a banda editou o seu EP 100. Este álbum, composto por 3 temas, contou coa produción de Iago Pico e a colaboración dos grupos Satxa e Banda Bassotti.[4]

En novembro de 2018, publicouse o seu segundo disco, titulado Pólvora e tormenta, da man do selo New Beats[5]. Este disco, no que fan paralelismos coa Gran Depresión e o Dust Bowl que asolaron os Estados Unidos de América na década de 1930[6], consta de 11 temas e contou con numerosas colaboracións, entre elas as de High Paw, ZOO ou La Pegatina.[7][8]

No 2020, a banda anunciou un parón indefinido nas súas redes sociais, a consecuencia da pandemia da COVID-19.[9] Porén, a banda colaborou nese ano e no 2021 con outras bandas galegas, como SonDaRúa, TIAM Gz, Pants Off ou Dakidarría.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Miguel García (Garchu): MC
  • Juan Pirola (Pirola): MC
  • Pedro Iglesias (Petrowski): MC, beatmaker

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

  • 100 (Santa Guerrilla, 2017)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • A herdanza do vento (Santa Guerrilla, 2016)
  • Non é verán de Estrella Damm (Santa Guerrilla, 2017)
  • Esmorga Inferno (Santa Guerrilla, 2018)
  • A insurxencia por vir (New Beats, 2019)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 ""Somos a xeración á que lle toca mover ficha"". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2017. 
  2. "#Rev16MúsicaEmerxente". Revenidas. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2017. 
  3. "Ezetaerre soltan na rede 8 videoclips nun día". GZmúsica. Consultado o 16 de marzo de 2017. 
  4. KristiamSoto (2017-11-29). "La Revolución vuelve con Ezetaerre y "100" | Funkmamma". Funkmamma (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-06. 
  5. culturagalega.org (2018-11-16). "A formación rapeira presentan hoxe o seu segundo traballo longo". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-09-13. 
  6. "Ezetaerre: “Ademais de loitar na rúa, hai outras cousas moi importantes no día a día como coidarnos entre nós”". Praza Pública. 2018-11-22. Consultado o 2020-09-13. 
  7. "Xa escoitamos o último de Ezetaerre "Pólvora e tormenta"". Consultado o 28 de abril de 2020. 
  8. "O trío hip hop Ezetaerre publica o seu segundo disco, 'Pólvora e tormenta'". Nós Diario. 11 de novembro de 2018. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  9. "Isto levounos á conclusión de que, en consecuencia, debíamos repensar o noso proxecto e o seu enfoque para enfrontarnos". Twitter. Consultado o 2022-02-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]