Ezequiel Uricoechea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ezequiel Uricoechea y Rodríguez»)
Infotaula de personaEzequiel Uricoechea

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1834 Editar o valor em Wikidata
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1880 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Beirut Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga
Yale School of Medicine (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , historiador , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Libre de Bruxelas Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé María de Uricoechea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Ezequiel Uricoechea y Rodríguez, nado en Bogotá o 10 de abril de 1834 e finado en Beirut o 28 de xullo de 1880, foi un lingüista, filólogo, profesor, médico, químico, xeólogo, orientalista e científico colombiano. Foi un dos pioneiros da lingüística hispánica e está considerado como un dos primeiros científicos colombianos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ezequiel Uricoechea era fillo de José María Uricoechea (1795-1840), coronel e heroe da guerra de independencia, e de Mariana Rodríguez e Moreno, neta do reformador do sistema educativo e progresista Fiscal da Real Audiencia do Novo Reino de Granada: Francisco Antonio Moreno e Escandón. O seu pai proviña dunha familia de orixe vasca, fundada no Século XVIII en Bogotá polo bilbaíno don Juan Antonio de Uricoechea e Hormaechea, quen contraeu matrimonio con dona María Concepción Sornoza e Peñalver. Ezequiel e os seus irmáns quedaron orfos a temperá idade. Cando el tiña catro anos faleceu a súa nai e o seu pai morre dous anos despois, o 25 de febreiro de 1840.

Pasou a súa infancia na facenda de Canoas, propiedade de orixe materna. A educación temperá de Ezequiel estivo a cargo de Dámaso Conca e Eusebio Suescún. Posteriormente ingresou no colexio de don Ulpiano González. De alí pasou ó colexio dos pais xesuítas. Á idade de 13 anos substituíu por dous meses na clase de trigonometría ó seu profesor, o Pai Gomila. Formou parte do Colexio de San Bartolomeu para logo cursar estudos de literatura e filosofía na Escola Xeral da Universidade do Primeiro Distrito e rematar os seus estudos superiores con mestres particulares en casa.

En 1849 partiu cara ós Estados Unidos e cursou os seus estudos de medicina na Universidade Yale onde ós 18 anos obtivo o seu título de médico. A súa tese foi un estudo médico-químico sobre a cinchona. En 1852 na Universidade de Gotinga iniciou estudos en filosofía e en artes liberais con especialidade en química e mineraloxía, aconsellado por Humboldt. Á idade de 22 anos obtivo o seu título nesta universidade co estudo sobre o iridio.

Dende 1852 empezou a publicación dos seus artigos no New York Herald, en Annalen der Chemie und Pharmacie e en The Pharmaceutical Journal. En 1854 publicou o seu primeiro libro: Memoria sobre las antigüedades neogranadinas.

Durante dous anos viaxou por diversas universidades europeas para ampliar e mellorar os seus coñecementos en filoloxía, lingüística, humanismo e outras ciencias. Viviu en Bruxelas onde cursou estudos de astronomía e meteroloxía no Observatorio real de Bélxica guiado por Adolphe Quetelet

En 1857 Uricoechea regresou a Colombia e ingresou como profesor de química e mineraloxía no Colexio do Rosario de Bogotá, e fundou a Sociedade de Naturalistas Neogranadinos. Ese mesmo ano publicou Mapoteca colombiana: colección de los títulos de todos los mapas, planos, vists, etc., relativos a la América española, Brasil e islas adyacentes. Colaborou no xornal El Mosaico: miscelánea de literatura, ciencias i música.

En 1867 foi nomeado por Tomás Cipriano de Mosquera Director Nacional de Instrución Pública pero non puido cumprir os seus labores debido á caída do xeneral polo golpe de estado do 23 de maio a cargo de Daniel Delgado París. Realizou expedicións á Serra Nevada de Santa Marta, á Guajira e ós chairos orientais. Produto desta última travesía foi Viaje al Meta documento até o día de hoxe extraviado pero citado por Casanare de Jorge Brisson. Un ano máis tarde emprende a súa segunda viaxe a Europa.

En 1871 publicou o seu terceiro libro Gramática, vocabulario, catecismo y confesionario de la lengua chibcha, según antiguos manuscritos anónimos e inéditos para o cal consultou a maior parte dos cronistas da conquista, as leccións de Gonzalo Bermúdez, cura de Santa Bárbara en Santafé, as do xesuíta José Dadey, do pai Francisco Varaix, de José Domingo Duquesne e a Gramática de Frei Bernardo de Lugo.

Foi o primeiro catedrático da lingua árabe da Universidade Libre de Bruxelas, disciplina inaugurada o 24 de outubro de 1878. Traduciu ó francés a Gramática árabe de C.P. Caspari, redactada en alemán.

Entre os correspondentes de Uricoechea atópanse os filólogos Rufino José Cuervo, Miguel Antonio Caro[1] Juan María Gutiérrez e August Friedrich Pott.[2]

En xullo de 1880 iniciou a súa viaxe por Asia coa intención de afondar no estudo dalgúns dialectos árabes, pero enfermou gravemente en Damasco polo que se trasladou a Beirut para restabelecer a súa saúde. Porén morreu cando tiña 46 anos de idade.[3]

Unha mostra da súa biblioteca atópase na Biblioteca Nacional de Colombia, que se compón de 115 volumes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Epistolario de Ezequiel Uricoechea con Rufino José Cuervo y Miguel Antonio Caro. Archivo epistolar colombiano. Instituto Caro y Cuervo. 
  2. Epistolario de Ezequiel Uricoechea con Juan María Gutiérrez, varios colombianos y August Friedrich Pott. Archivo epistolar colombiano. Instituto Caro y Cuervo. 
  3. Biografía del autor