Ez Dok Amairu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ez Dok Amairu foi un colectivo artístico vasco que desenvolveu a súa actividade entre os anos 1966 e 1972. Son considerados fundamentalmente un colectivo musical que practicaba a canción de autor en lingua vasca, aínda que tamén colaboraron persoas doutros eidos artísticos, e nos seus primeiros obxectivos destacaba o de integrar calquera tipo de manifestación artística vasca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xurdidos en Guipúscoa, tiveron unha grande influencia nesa provincia e na de Biscaia, sendo o seu impacto menor no resto de Euskal Herria. O seu nome significa Non somos trece e está tomado dun conto popular de Biscaia.

O grupo aparece fortemente influenciado pola experiencia catalá de Els Setze Jutges e na liña doutros colectivos similares como os galegos Voces Ceibes. Convértense nunha das primeiras manifestacións da canción de autor en lingua vasca e manifestan un forte compromiso coa cultura vasca, en posicións próximas á esquerda. Tal actitude implica unha forte confrontación co réxime franquista, tendo que enfrontarse en múltiples ocasións á censura, tanto na edición de discos, como nas actuacións en directo.

O colectivo disólvese no ano 1972, antes da fin da ditadura. Cada un dos seus membros seguirá a súa carreira individualmente.

Membros[editar | editar a fonte]

Os seus protagonistas foron: