Extintoma
Aparencia
Exintoma é o termo utilizado para designar ao conxunto de proteomas de todos os organismos extintos coñecidos pola ciencia e descritos na literatura.[1]
Este concepto xurdiu no seo da investigación no campo da desextinción molecular para abordar algúns dos desafíos actuais no ámbito da saúde.[1] Esta liña de investigación parte da premisa de que as moléculas serven como rexistros da historia evolutiva e poden proporcionar plans para o deseño terapéutico. Grazas á intelixencia artificial, levouse a cabo a exploración de todo o extintoma para procurar novos tratamentos e, especialmente, para desenvolver novos antibióticos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Wan, Fangping; Torres, Marcelo D. T.; Peng, Jacqueline; de la Fuente-Nunez, Cesar (2024-07). "Deep-learning-enabled antibiotic discovery through molecular de-extinction" (en inglés) 8 (7): 854–871. ISSN 2157-846X. doi:10.1038/s41551-024-01201-x. Consultado o 2024-11-27.