Expresión sonora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O relato sonoro (linguaxe sonora) é aquel sistema de comunicación específico no que a transmisión da mensaxe se realiza a través de sinais acústicos intelixibles para o ser humano.

A linguaxe sonora articúlana 4 elementos ou máis

  1. A palabra, voz humana. Na linguaxe sonora é máis importante o ton (connotación) que o significado da palabra (denotación). Unha boa voz comunicadora debe ser, no posible: clara, diferenciada, ben timbrada e, sobre todo, intelixible.
  2. A música. Dentro da expresión sonora, a música pode exercer varios roles. Pode ser o propio obxecto da comunicación, pode reforzar outras mensaxes e pode cumprir a función dos signos de puntuación (Na radio, son frecuentes os refachos, golpes musicais etc.) En función do papel que desempeña a música na linguaxe sonora, podemos atopar tres tipos de música: obxectiva, subxectiva, descritiva. (Non hai que perder de vista que, unha mesma composición musical, dependendo da mensaxe final, pode realizar calquera dos tres roles).
    1. Música obxectiva. É aquela música que ten sentido propio, que se constitúe na propia mensaxe (ou en parte dela), independentemente do que suxira. Fai referencia a algo concreto, sen que exista a posibilidade de múltiples interpretacións. Ademais, en si mesma, a música obxectiva é un tipo de música que claramente denota a súa época, xénero musical etc.
    2. Música subxectiva: É aquel tipo de música que reforza o seu papel emotivo (expresión de sentimentos e estados de ánimo).
    3. Música descritiva: É aquel tipo de música capaz de contextualizar, de situar ao oínte nun ambiente concreto (época, país, rexión, natureza, interiores…). trátase de dar unha imaxe sonora fría, desprovista de sentimento.
  3. Os ruídos, o son ambiente ou efectos sonoros.
    1. No ámbito da expresión sonora, defínese como ruído todo son non desexado que interfere na comunicación entre as persoas.
  4. Os silencios. Silencio é ausencia de son, xa sexa palabra, música ou ruído. O silencio pode ser consecuencia dun erro, pero, comunmente, na expresión sonora, o silencio serve de pausa reflexiva tras unha comunicación, para axudar a valorar a mensaxe. Máis aló, o silencio pode utilizarse cunha intencionalidade dramática, posto que o silencio revaloriza os sons anteriores e posteriores. Perante isto, podemos establecer que o silencio pode ser: Silencio obxectivo e silencio subxectivo:
    1. Silencio obxectivo: É a ausencia de son. Sen máis connotacións.
    2. Silencio subxectivo: É o silencio utilizado cunha intencionalidade dramática.