Explorer 51

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 51 / AE-C
Explorer 51 / AE-C
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento16 de decembro de 1973[1][2][3]
Foguete portadorDelta 1900[2][4][5][6]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][4]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera superior[2][4]
Decaemento12 de decembro de 1978[1][2][4]
NSSDC ID1973-101A
Masa658 kg[2][4]
DimensiónsPoliedro cun diámetro duns 1,4 metros.[2][4]

Explorer 51, tamén denominado AE-C (Atmospheric Explorer C), foi un satélite científico da NASA pertencente á seria Atmosphere Explorer lanzado o 16 de decembro de 1973 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral a bordo dun foguete Delta 1900.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Explorer 51 foi estudar a termosfera, a transferencia de enerxía na mesma e os procesos que determinan o seu estado. Tamén estudou os procesos fotoquímicos asociados á absorción da radiación solar ultravioleta facendo medicións coordinadas dos reactivos e a enerxía solar incidente.[2][4]

O satélite tiña forma poliédrica cun diámetro duns 1,4 metros.[2][4] Foi inxectado nunha órbita inicial de 4263 km de apoxeo, 150 km de perixeo e 68,1 graos de inclinación orbital[3] que foi cambiada varias veces durante o primeiro ano de misión mediante o sistema de propulsión de a bordo para baixar o perixeo ata os 129 km. Máis tarde o perixeo foi aumentado de novo ata os 390 km e a órbita foi circularizada. A órbita volvía a elevarse cada vez que o arrastre atmosférico facía que o satélite baixara ata os 250 km de altura.[2][4]

Explorer 51 estabilizábase mediante xiro, co eixo de xiro perpendicular ó plano orbital. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e os datos obtidos podían enviarse ou en tempo real ou ser gardados na grabadora de a bordo para ser transmitidos máis tarde.[2][4]

Explorer 51 reentrou na atmosfera o 12 de decembro de 1978.[2][4]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

O satélite levaba instrumentos para medi-la radiación solar ultravioleta, a temperatura, composición e densidade dos ións positivos, das partículas neutras e dos electróns, para medir as emisións do resplandor atmosférico, os espectros de enerxía dos fotoelectróns e dos fluxos de protóns e electróns con enerxías de ata 25 keV.

Resultados[editar | editar a fonte]

Os datos de Explorer 51 serviron, entre outras cousas, para obter a distribución angular de carga arredor do satélite e poder comparala cos datos de Explorer 31[7] e modelar as emisións do ión hidroxilo na atmosfera terrestre[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2012). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 51 (AE-C)" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 NASA (4 de novembro de 2011). "AE-C" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 16 May 1974 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (74-13517): 3. 23 de maio de 1974. Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: AE C, D, E" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  5. Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-1900" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2012. 
  6. Mark Wade (2011). "Delta 1900" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2012. 
  7. Samir, U.; Gordon, R.; Brace, L.; Theis, R. (1 de febreiro de 1979). "The near-wake structure of the Atmosphere Explorer C /AE-C/ satellite - A parametric investigation". Journal of Geophysical Research 84: 513–525. Consultado o 13 de marzo de 2012. 
  8. Langhoff, S. R.; Jaffe, R. L.; Yee, J. H.; Dalgarno, A. (setembro de 1983). "The surface glow of the Atmosphere Explorer C and E satellites". Geophysical Research Letters 10: 896–899. Consultado o 13 de marzo de 2012. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]