Explorer 17

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 17 / AE-A
Ae-a explorer-17.jpg
Explorer 17 / AE-A
Tipo Científico
Organización NASA
Data de lanzamento 3 de abril de 1963[1][2][3]
Foguete portador Delta B[2][4][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][4]
Obxectivo da misión Estudo da atmosfera superior[2][4]
Decaemento 24 de novembro de 1966[1][2][4]
NSSDC ID 1963-009A
Masa 183,7 kg[2][4]
Dimensións Esfera de 0,95 m de diámetro[2]
Baterías Baterías de cinc e prata[6]

Explorer 17, tamén denominado AE-A (Atmospheric Explorer A) e S-6, foi un satélite científico da NASA pertencente á serie Atmosphere Explorer lanzado o 3 de abril de 1963 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral a bordo dun foguete Delta D.[4][2][5]

Características[editar | editar a fonte]

Explorer 17 tiña forma de esfera de 0,95 m de diámetro feita de aceiro inoxidable e cun espesor de 0,6 mm.[6] Estabilizábase mediante xiro e foi selado no baleiro para evita-la contaminación da atmosfera local.[2][4] Foi inxectado inicialmente nunha órbita de 891 km de apoxeo, 254 km de perixeo e unha inclinación orbital de 57,6 graos.[4]

A alimentación eléctrica procedía de baterías de cinc e prata. Explorer 17 non usaba células solares debido ó proble de solta de gases que presentan e que podían falsear as medicións.[6] As baterías fallaron o 10 de xullo de 1963[2][4] e o satélite reentrou na atmosfera o 24 de novembro de 1966[1].

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Explorer 17 levaba a bordo catro medidores de presión para a medición da densidade de partículas neutras, dous espectrómetros de masas para a medición da concentración de certo tipo de partículas neutras, e dúas sondas electrostáticas para medi-la concentración de ións e a temperatura de electróns.[2][4]

Despois do lanzamento un dos medidores de presión e un dos espectrómetros fallaron. O outro espectrómetro funcionou intermitentemente.[2][4]

Resultados[editar | editar a fonte]

Esquema do interior de Explorer 17.

Explorer 17 axudou a perfila-lo comportamento da ionosfera a latitudes medias, descubrindo que a temperatura de electróns aumenta rapidamente entre o lado diúrno e o nocturno, pasando duns valores nocturnos duns 1100 K a un pico de 2700 K a media mañá para pasar a unha chaira duns 2000 K a horas vespertinas.[7] Os medirores de presión axudaron a obter as densidades da atmosfera ás altitudes da órbita do satélite e comparalas coas calculadas co arrastre sufrido polo satélite.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "EXPLORER 17 (S-6)" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2012. http://www.n2yo.com/satellite/?s=564. Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 "AE-A" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1963-009A. Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  3. "Letter dated 22 May 1963 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (63-12335): 2. 24 de maio de 1963. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1074. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 "Explorer: AE A" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/explorer_ae-a.htm. Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "Delta B" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/lvs/deltab.htm. Consultado o 5 de xullo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "LIGHWEIGHT BATTERY CONTAINERS FOR EXPLORER XVII (1963 A), THE ATMOSPHERIC STRUCTURE SATELLITE" (en inglés) (PDF). Goddard Space Flight Center. outubro de 1966. pp. 12. http://ntrs.nasa.gov/archive/nasa/casi.ntrs.nasa.gov/19670009371_1967009371.pdf. Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  7. L. H. Brace, N. W. Spencer, A. Dalgarno (PDF). DETAILED BEHAVIOR OF THE MIDLATITUDE IONOSPHERE FROM THE EXPLORER XVII SATELLITE. 
  8. Newton, G., R. Horowitz e W. Priester (1 de novembro de 1964). "Atmospheric densities from Explorer 17 density gages and a comparison with satellite drag data" (PDF). J. Geophys. Res. 69 (21): 4690-4692. http://pubs.giss.nasa.gov/docs/1964/1964_Newton_etal.pdf. 
  9. Slowey, J. (1964). "Atmospheric Densities and Temperatures from the Drag Analysis of the Explorer 17 Satellite" (PDF). SAO Special Report (157). http://articles.adsabs.harvard.edu/full/1964SAOSR.157.....S. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer 17

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]