Exostose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha exostose é unha formación de óso novo na superficie dun óso. As exostoses poden causar dor crónica que varía desde suave a moi severa e debilitante, dependendo na forma, tamaño, e localización da lesión. Atópanse xeralmente nas costelas en forma de pequenas excrecencias, aínda que tamén se poden presentar en maior tamaño nos nocellos, xeonllos, ombreiros e cadeiras. Son moi raras nos ósos do cranio.

As exostoses en ocasións presentan forma de esporón, tales como os esporóns calcáneos.

As infeccións óseas poden provocar exostoses nos ósos adxacentes. O pé de Charcot tamén causa tipicamente estas exóstoses, que poden chegar a ser clinicamente significativas.

Osteofitos[editar | editar a fonte]

Os osteofitos son protusións óseas que aparecen secundariamente á dexeneración articular producida pola artrose ou osteoartrite.[1] Con todo, non se diferencian significativamente das exostoses.[2]

Rexistro fósil[editar | editar a fonte]

Atopáronse exostoses en ósos fósiles, estudados polos paleopatólogos, especialistas en lesións e enfermidades antigas. Existen rexistros de exostoses en múltiples especies de dinosauros, tales como Acrocanthosaurus atokensis, Albertosaurus sarcófago, Allosaurus fragilis, Gorgosaurus libratus, e Poekilopleuron bucklandii.[3]

Tipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Page 171 in: . 2010. ISBN 9781437711769.  Falta o |title= (Axuda)
  2. (en inglés). 1 January 1844 https://books.google.com/books?id=zhgUAAAAQAAJ&pg=PA91&lpg=PA91&dq=is+an+exostosis+the+same+as+an+osteophyte&source=bl&ots=ASn3xU7oY0&sig=s7q0R1QkHEwXiSvv9ldrKAqRBKM&hl=en&sa=X&ved=0ahUKEwi03cb1tP7RAhWMIcAKHV90DNEQ6AEISjAI#v=onepage&q=is%20an%20exostosis%20the%20same%20as%20an%20osteophyte&f=false.  Falta o |title= (Axuda)
  3. Molnar, R. E., 2001, Theropod paleopathology: a literature survey: In: Mesozoic Vertebrate Life, edited by Tanke, D. H., and Carpenter, K., Indiana University Press, p. 337-363.
  4. . 21 March 2018. PMC 5863686. PMID 29565244. doi:10.1051/sicotj/2018002 //www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC5863686.  Falta o |title= (Axuda)
  5. . 21 November 2013 https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK1235/. Consultado o 24 March 2018.  Falta o |title= (Axuda)