Eparquía católica maronita de Ibadan
Eparquía de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan | |
---|---|
Datos xerais | |
Erixida | 13 de xaneiro de 2014 |
Información | |
Igrexa particular | Igrexa católica maronita |
Ritos | Antioquense |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Patriarca | Bixara Pedro |
Bispo | Simun Fadul |
A eparquía da Anunciación en Ibadan é unha sé da Igrexa católica maronita. O seu bispo actual é o libanés Simun Fadul.
Territorio[editar | editar a fonte]
A eparquía estende a súa xurisdición sobre os fieis maronitas residentes no África Occidental e Central. A sé eparquial está na cidade de Ibadan, en Nixeria.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi erixida como exarcado apostólico de África Occidental e Central polo papa Francisco o 13 de xaneiro de 2014. Coa excepción dalgunhas eparquías coptas no Sudán, tratábase da primeira circunscrición eclesiástica católica oriental instituída no África subsahariana.
O primeiro exarca, sen carácter episcopal, foi Simun Fadul, até entón presidente de Cáritas do Líbano, e ao mesmo tempo foi nomeado visitador apostólico para os fieis maronitas residentes no África Meridional. O exarcado apostólico foi elevado a eparquía de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan o 28 de febreiro de 2018, pasando a ser unha eparquía inmediatamente suxeita ao patriarcado maronita de Antioquía.
Episcopoloxio[editar | editar a fonte]
- Exarcas apostólicos de África Occidental e Central
- Simun Fadul (13 de xaneiro de 2014 - 28 de febreiro de 2018)
- Bispos de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan
- Simun Fadul (28 de febreiro de 2018 - actualidade)