Ewin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ewin, tamén coñecido como Eoin ou Euin (morto sobre 595) foi un nobre longobardo que foi duque de Trento a finais do século VI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paulo Diácono non fornece indicacións precisas sobre o momento do seu nomeamento como duque de Trento, pero é probábel que a súa toma de posesión fose xusto despois da institución dos ducado por parte dos longobardos, logo da conquista da Italia setentrional (568-569). É posíbel que fose o primeiro duque de Trento; o seu reinado é seguro na época do Período dos duques (574-584), cando os longobardos renunciaron a teren un soberano. Paulo Diácono cítao[1] entre os cinco duques máis importante dese período de interregno.

Algúns historiadores considérano o primeiro fundador da unidade territorial do Trentino. En particular deu detido as razzias dos francos e bávaros, guiou con éxito unha expedición a Istria e firmou a paz cos francos en 590.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]