Evgenii Leonov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEvgenii Leonov

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Евгений Павлович Леонов Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1994 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Embolia pulmonar Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , humorista , actor de dobraxe , actor de cinema , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor em Wikidata - 1994 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorStanislavsky Electrotheatre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (1955–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAndrei Jewgenjewitsch Leonow (pt) Traducir, fillo Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0503095 Allmovie: p41893 TCM: 1149417
Musicbrainz: e08d000e-dc02-4f79-8485-6ca7a5359c0a Find a Grave: 100426394 Editar o valor em Wikidata

Evgenii Pavlovich Leonov (ruso: Евгений Павлович Леонов), nado en Moscova o 2 de setembro de 1926 e finado na mesma cidade o 29 de xaneiro de 1994, foi un actor soviético-ruso que interpretou papei en varios dos filmes soviéticos máis célebres, como Dzhentlmeny udachi, Mimino e Polosatyi reys. Considerado "un dos máis queridos actores de Rusia",[1] tamén puxo voz a moitas personaxes de animación, incluído Vinni Pukh (Winnie-the-Pooh).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Mentres Leonov crecía nunha típica familia moscovita, arelaba convertirse en piloto de guerra, soño habitual entre moitos mozos durante a segunda guerra mundial. Isto tamén adoita atribuírse ao feito de que o seu pai traballa nunha fábrica de avións. Durante a gran guerra patriótica, el e toda a súa familia traballa nunha fábrica de fabricación de armas.[2] Trala guerra, uniuse á escola do Teatro da Arte de Moscova, onde estudou con Mikhail Ianshin.

Carreira[editar | editar a fonte]

No seu primeiro filme, Leonov apareceu como extra e non recibiu ningunha atención. Máis adiante comezouse en actor habitual de Giorgi Danelia, aparecendo en todas as súas obras, incluídas Dzhentlmeny udachi, Osenniy marafon, Mimino, Afonya e Kin-dza-dza!. Especializouse en papeis cómicos polo seu físico,[3] mais tamén recibiu críticas notables polos seus papeis tráxicos e a súa invariábel naturalidade da súa interpretación. Dise que moitos actores destacados evitaban aparecer nos mesmos filmes con Leonov, polo seu xeito natural de actuar, que os facía parecer tensos.

A pesar da súa breve aparición en Osenniy marafon (1980) de Danelia (un dos seus filmes máis populares), gañou polo papel o premio ao mellor actor no Festival de Venecia. No filme, Leonov brillou como antiheroe e realizou un retrato hilarante dun simple e entremetido home que bebía demasiado e que non adoraba nada máis que dicir parvadas mentres alguén o puidese soportar. Outros filmes fundamentais foron Dzhentlmeny udachi e Belorusski vokzal, ambs de 1971.[2] "Dise que Leonov foi para os rusos o que Fernandel foi para os franceses".[1] Interpretou máis de 200 personaxes e foi o máis coñecido actor secundario do cinema ruso.[1]

En 1991 (ou en 1988[4][5][6]), cando facía unha xira en Alemaña, sufriu un ataque cardíaco masivo que o deixou en coma durante 10 ou 16 días.[4][5][6] A súa vida foi salvada logo dunha cirurxía importante e en canto Leonov se recuperou comezou a poñer datas a novas interpretacións no teatro Lenkom.[1]

Leonov faleceu o 29 de xaneiro de 1994 de camiño ao Teatro Lenkom para interpretar The Prayer For The Dead (A Memorial Prayer[2]).[1] Cando se anunciou a súa morte ao público, este espontaneamente lanzouse á igrexa do outro lado da rúa e acendeu candeas en sinal de loito.[1] Máis de medio millón de persoas resistiron ao frío para realizar unha procesión na súa memoria.[1] Está enterrado no cemiterio Novodevichy de Moscova, preto doutras importantes figuras da cultura rusa.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Death: Yevgeny Leonov. The Guardian (Londres). 23 de febreiro de 1994.
  2. 2,0 2,1 2,2 Russia Parts With a Comic Legend. John Freedman. The Moscow Times No. 392. 3 de febreiro de 1994.
  3. Allmovie
  4. 4,0 4,1 Леонов Евгений - Биография - Актеры советского и российского кино (en ruso)
  5. 5,0 5,1 Евгений Леонов (Evgeniy Leonov) - биография - советские актёры - Кино-Театр.РУ (en ruso)
  6. 6,0 6,1 Биография Евгения Леонова - РИА Новости, 02.09.2016 (en ruso)
  7. Sviridov buried in Novodevichy cemetery in Moscow. Viktoria Dunayeva. TASS 9 de xaneiro de 1998.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]