Saltar ao contido

Everything Is Wrong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Everything Is Wrong
Interpol Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
Implicados
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
18 de abril de 2015 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Wikidata

"Everything Is Wrong" é unha canción da banda de rock estadounidense Interpol. Foi lanzada como o terceiro sinxelo do seu quinto álbum de estudio, El Pintor (2014), o 18 de abril de 2015. O sinxelo foi publicado o Record Store Day como un vinilo de edición limitada de 7 polgadas. Un vídeo musical da canción apareceu o 22 de xaneiro de 2015. Posteriormente, o DJ bosníaco Solomun fixo unha remestura da canción, que foi lanzada en abril de 2016.[1] "Everything Is Wrong" alcanzou o posto número 35 na lista Billboard Alternative Songs[2] e apareceu na banda sonora do videoxogo MLB 15: The Show.[3]

  1. "Everything Is Wrong (Solomun Remixes) - Single by Interpol on iTunes". iTunes (en inglés). Consultado o 2026-04-03.
  2. "Interpol". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-04-03.
  3. "'MLB 15 The Show:' Soundtrack Announced, Interpol, Harry Fraud, Death From Above 1979 Included". Design & Trend (en inglés). 2015-03-24. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2016. Consultado o 2026-04-03.