Evelyn Booth
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1897 Annamoe, Irlanda (pt) |
Morte | 13 de decembro de 1988 (91 anos) Bunclody, Irlanda (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánica , conservadora , escritora técnica (pt) , horticultora , xardineira , coleccionista de plantas |
Influencias |
Evelyn Mary Booth, nada en 1897 e finada en 1988, foi unha botánica irlandesa, deseñadora dos xardíns Lucy's Wood, e escritora de The Flora of County Carlow. Foi descrita como "unha das botánicas máis queridas e respectadas de Irlanda".[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Evelyn naceu en 1897 en Annamoe, Laragh, condado Wicklow, unha de tres fillos de Hilda Mary Hall-Dare e James Erskine Wise Booth.[3] A través do seu pai, Evelyn estaba relacionada con Robert Barton, un signatario do Tratado anglo-irlandés de 1921; e, de Erskine Hamilton Childers, presidente de Irlanda, de 1973 a 1974. E, era neta de Caroline Hall-Dare, fundadora da Escola de Encaixe Newtownbarry.[4]
Evelyn asistiu a un internado en Southbourne, Dorset. De moza, Booth participou en moitos espectáculos de cabalos, incluíndo os da Royal Dublin Society en Ballsbridge. Durante a primeira guerra mundial serviu como condutora de ambulancia da Cruz Vermella en Francia, e como intendenta de hospital durante a segunda guerra mundial. Entre as guerras, Evelyn pasou un tempo na India co seu irmán, o brigadier John Booth e a súa curmá Kathleen Cunningham, a muller do Gobernador da provincia de Northwest Frontier en Peshawar.
Evelyn faleceu na súa casa próxima a Bunclody o 13 de decembro de 1988.[3]
Obra botánica
[editar | editar a fonte]Ao seu regreso a Irlanda, Evelyn asentouse en Lucy's Wood, próxima á cidade de Bunclody. Tiña moitos intereses incluíndo montar dacabalo, pesca con mosca, costura, e a botánica era unha das súas preferencias dominantes. Un exemplo da costura de Booth atópase no Museo Nacional de Irlanda, sector "Vida do país en maio". Nos seus xardíns, planeou e desenvolveu un xardín diverso, que segue sendo un destino turístico hoxe.[5][6] E completou o xardín con plantas raras, cultivares pouco comúns, e especies silvestres.[3] Unha anemone que Evelyn descubriu nun bosque próximo, Anemone nemorosa, foi nomeada "Lucy's Wood".[7]
Seguindo a un encontro coa botánica Edith Rawlins, Evelyn interesouse na observación e o rexistro de plantas.[8] Desde 1939, foi membro da Sociedade de Flores Silvestres, e empezou a recoller sementes de flores salvaxes nos Condados de Carlow e Wexford, depositando partes da súa colección de espécimes nos Xardíns Botánicos Nacionais de Glasnevin. Ela continuou servindo como a presidenta da Sociedade de Horticultura de Bunclody por varios anos. En 1963, Booth asistiu á reunión inaugural da rama rexional irlandesa da Sociedade Botánica das Illas Británicas, e foi elixida para o seu Comité, ao que serviu durante moitos anos.[3]
Moita da súa obra publicouse no Irish Naturalists' Journal. Tamén contribuíu a varios volumes, incluíndo o Atlas of the British Flora[3]. En 1954, a revista Wild Flower informou que Evelyn rexistrara 584 especies no Condado Wexford, 579 no Condado Carlow, e 584 no Condado de Kilkenny. Os seus intereses estendéronse á fauna tamén, e ademais está considerada unha ecóloga temperá, facendo enquisas de bolboretas, libélulas, paxaros e crustáceos para o Museo de Historia Natural, o Herbario Nacional, e o An Foras Forbartha. A súa máis significativa publicación foi o libro The Flora of County Carlow, publicado en 1979, asistido por Maura Scannell. Seguindo a tradición de Robert Lloyd Praeger, é un inventario de plantas do seu condado, e ese libro foi o primeiro rexistro de flora dun condado irlandés, escrito por unha muller.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Scannell, Maura J.P. (1997). "The power of the amateur tradition". En Mary Mulvihill. Stars, Shells and Bluebells. Dublín: WITS. pp. 155–163. ISBN 0953195309.
- ↑ Fitzgerald, R. (1990). "Evelyn Mary Booth (1897-1988)" 18: 238–239.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Scannell, Mary J. P.; Nelson, E. Charles (1990). "Evelyn Mary Booth 1897-1988" 23 (5/6): 169–173.
- ↑ Hamilton, Joanne. "Documentation Discoveries: Patchwork Quilt Cover". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015.
- ↑ Desmond, Ray (1994). Dictionary Of British And Irish Botantists And Horticulturalists Including plant collectors, flower painters and garden designers. Londres: Taylor & Francis. p. 85. ISBN 9780850668438.
- ↑ "Lucy’s Wood Garden". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2014. Consultado o 16 de maio de 2015.
- ↑ "Carlow Garden Trail" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de maio de 2021. Consultado o 16 de maio de 2015.
- ↑ Haines, Catharine M. C. (2001). International Women in Science: A Biographical Dictionary to 1950. California: ABC-CLIO. p. 41. ISBN 9781576070901.
- ↑ "The Flora of County Carlow". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015.