Eve Kivi
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de maio de 1938 Paide |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, actriz de cinema |
| Familia | |
| Cónxuxe | Ants Antson |
| Premios | |
Eeve Kivi, nada en Paide o 8 de maio de 1938 e máis coñecida como Eve Kivi[1] é unha actriz estoniana.[2][3] É coñecida pola súa participación en filmes como Sampo (1959), Viimne reliikvia (1969) e Ne mozhet byt! (1975).[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O pai de Eve Kivi foi Johannes Kivi (1912-1955), que era un oficial de seguridade soviético (xefe do Departamento do Condado de Viru da RJRK da RSS de Estonia) e máis tarde comisario de Asuntos Relixiosos da RSS de Estonia.
En 1959 formouse na escola de formación de teatro dramático de Estonia. Traballou en Tallinnfilm e Mosfilm. Desde 1955 protagonizou preto de 50 filmes.[3]
De 1965 a 1972 estivo casada co patinador de velocidade Ants Antson.[5] Nalgunhas películas, aparece acreditada como Kivi-Antson, usando o apelido do seu marido.[6] Mantivo unha relación romántica co cantante estadounidense Dean Reed.[7]
En 1983 foi nomeada Artista Meritoria da RSS de Estonia[3] e en 2013 recibiu a Orde do Mérito de Talín.[8] Tamén foi membro da Academia Nacional de Ciencias.
Filmografía selecta
[editar | editar a fonte]- 1959 Vallatud kurvid (personaxe: Evi)
- 1959 Sampo (personaxe: Annikki)
- 1961 Ohtlikud kurvid (personaxe: Evi)
- 1969 Viimne reliikvia (personaxe: Ursula)
- 1974 Ohtlikud mängud (personaxe: nai de Vivian)
- 1975 Briljandid proletariaadi diktatuurile (personaxe: muller nun restaurante)
- 1992 Need vanad armastuskirjad (personaxe: nai de Alice)
- 1994 Tulivesi (personaxe: Lulu)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eve Kivi - Biografía, mejores películas, series, imágenes y noticias". La Vanguardia (en castelán). 17 de febreiro de 2023. Consultado o 14 de abril de 2025.
- ↑ Peter Rollberg (2009). Historical Dictionary of Russian and Soviet Cinema. US: Rowman & Littlefield. pp. 356–357. ISBN 978-0-8108-6072-8.
- 1 2 3 "Eesti Filmi Andmebaas". www.efis.ee. Consultado o 14 de abril de 2025.
- ↑ "Eve Kivi - Biografía". IMDb (en portugués). Consultado o 14 de abril de 2025.
- ↑ "Ants Antson y Eve Kivi: historia de la relación.". quienquedaconquien.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2025. Consultado o 14 de abril de 2025.
- ↑ "Eve Kivi biography. Soviet and Estonian actress.". biographs.org. Consultado o 14 de abril de 2025.
- ↑ "Dean Reed and Eve Kivi". Who's Dated Who?. Consultado o 14 de abril de 2025.
- ↑ "Tallinna teenetemärgi saab 27 inimest". ERR (en estoniano). 10 de abril de 2013. Consultado o 14 de abril de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eve Kivi |
| A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |
