Evaristo Nugkuag
Aparencia
(2010) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de decembro de 1948 Perú |
| 1 de xaneiro de 1999 – 31 de decembro de 2002 | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo aguaruna |
| Actividade | |
| Ocupación | político, activista medioambiental |
| Premios | |
| |
Evaristo Nugkuag Ikanan, nado o 17 de decembro de 1948, é un activista e político peruano a prol dos dereitos medioambientais e indíxenas, membro do pobo aguaruna.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Organizou a Asociación Interétnica de Desarrollo de la Selva Peruana (AIDESEP) e a Coordinadora de las Organizaciones Indígenas de la Cuenca Amazónica (COICA) para axudar as persoas indíxenas.[1] En 1986, foi recoñecido co Premio Right Livelihood por "traballar a prol dos dereitos dos indíxenas da conca do Amazonas". En 1991 recibiu o Premio Medioambiental Goldman[2] como recoñecemento ao seu labor para organizar os diferentes pobos indíxenas do Amazonas en alianzas a nivel local, nacional e internacional para defender os seus dereitos comúns.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Right Livelihood (1986)
- Premio Medioambiental Goldman (1991)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Goldman Environmental Prize Profile". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 20 de xullo de 2008.
- ↑ Web do Premio Goldman, consultada o 29 de abril de 2009 (inglés)
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Evaristo Nugkuag |