Evaristo Carballo Nóvoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEvaristo Carballo Nóvoa
Biografía
Nacementodécada de 1890 Editar o valor em Wikidata
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de febreiro de 1987 Editar o valor em Wikidata (87/97 anos)
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Evaristo Carballo Nóvoa, nado no Carballiño cara a 1895 e finado no mesmo concello o 19 de febreiro de 1987,[1] foi un carpinteiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da UGT e presidente da Casa do Pobo do Carballiño.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado nunha bodega nos arrededores do Carballiño. A muller e a familia falsificaron cartas para facer crer que estaba na Arxentina. Enfermou na bodega na que estaba agochado e foi curado polo médico e correlixionario Enrique de los Arcos Fajardo. Foi sancionado con 5000 pesteas o 25 de maio de 1938.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-2-1987, p. 58
  2. El Pueblo Gallego, 6-5-1936, p. 5.
  3. "Ficha en Represión franquista en Ourense". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2018. Consultado o 03 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]