Evaristo Candelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Evaristo Candelas Pérez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Evaristo Candelas
Nacemento19 de setembro de 1916
 Galera
Falecemento1988
 París
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Evaristo Candelas Pérez, Evaristo ou Ángel Franco, nado en Galera (Granada) o 19 de setembro de 1916[1] e finado en París en febreiro de 1988, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou voluntario na Mariña en xuño de 1936. Desertou e quixo ir a Asturias con Antonio Molins Valls, Ramón Vizoso e Demetrio. Foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Integrouse no grupo Neira. En 1942, coa axuda de Demófilo Pedreira Rumbo e outros militantes comunistas, foi operado de apendicite nunha clínica privada da Coruña e permaneceu oculto 20 días coa falsa identidade de Ángel Franco. Participou con Leonardo Gómez Pérez no axustizamento do xefe da Falange de Viveiro, Manuel Trobo Rivera, o 13 de xaneiro de 1946.[2] O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Vivía en París cando foi indultado o 15 de xuño de 1967.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Candela, Evaristo
  2. Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. p. 159. ISBN 84-87783-79-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]