Eva Rajo Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eva Rajo Iglesias
NacionalidadeEspaña
Ocupacióninvestigadora
editar datos en Wikidata ]

Eva Rajo Iglesias, nada en Monforte de Lemos o 8 de novembro de 1972, é unha enxeñeira e investigadora española especializada en Telecomunicacións. Obtivo en 2002 o Premio Extraordinario de Doutoramento pola súa tese en Tecnoloxías das Comunicacións na Universidade Carlos III de Madrid, onde é catedrática e profesora e participa en varios proxectos de investigación.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en 1996 en Enxeñaría de Telecomunicacións na Universidade de Vigo e en 2002 doutorouse na Universidade Carlos III de Madrid na mesma especialidade obtendo o Premio Extraordinario de Doutoramento pola súa tese en Tecnoloxías das Comunicacións.[1] Desde febreiro de 2004 é Profesora Titular no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade Carlos III de Madrid, onde ademais é catedrática desde 2008. Tamén é profesora asociada na Universidade Tecnolóxica de Chalmers (Gotemburgo, Suecia) no Departamento de Sinais e Sistemas desde 2009.[3]

Investigación[editar | editar a fonte]

A súa actividade docente e investigadora está vinculada ao ámbito da radiofrecuencia (campos electromagnéticos, antenas, etc.). As súas liñas de investigación están relacionadas con antenas impresas, estruturas periódicas, superficies artificiais, arrays, matrices de parche de microbanda, circuítos de microondas e metamateriales, así como métodos de optimización aplicados ao electromagnetismo.

Como investigadora, participou en numerosos proxectos do I+D+i financiados por entidades públicas tanto nacionais como internacionais talles como o Ministerio de Ciencia e Innovación, a Comunidade de Madrid e a Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía, entre outros.[4]Ademais, é editora asociada das revistas internacionais IEEE Antennas and Propagation Magazine (desde 2009).[5] IEEE Antennas and Wireless Propagation Letters (desde 2011) e Advanced Electromagnetics (desde 2013).

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio de Excelencia 2014 do Consello Social da Universidade Carlos III de Madrid na modalidade de Mozos Investigadores.[6]
  • Terceiro premio Bell Labs Prize 2014 co proxecto: “Unleash the Wireless Power of your Device: Blended Antenna HUBs for your Unconstrained Mobile Cloud Experience”.[7]
  • Titora do Student Paper Award na Conferencia International Symposium on Antennas and Propagation (ISAP) 2020, Osaka (Xapón).[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE DOCTORADO - CONVOCATORIA CURSO 2001/2002 | UC3M" (en castelán). Consultado o 2021-03-17. 
  2. "Eva Rajo Iglesias | Space Debris Radar". Consultado o 2021-03-17. 
  3. "Electrical Engineering | Chalmers". Consultado o 2021-03-17. 
  4. "PDI - Resultado de Búsqueda". Consultado o 2021-03-17. 
  5. "You are being redirected...". Consultado o 2021-03-17. 
  6. "Premios de excelencia 2014 | UC3M" (en castelán). Consultado o 2021-03-24. 
  7. RedacciónT21. "Antenas en una chaqueta multiplican por 10 la velocidad de subida de dispositivos móviles • Tendencias21" (en castelán). Consultado o 2021-03-23. 
  8. "ISAP2020". Consultado o 2021-03-24.