Eva Ottawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEva Ottawa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Manawan, Canadá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente Conseil du statut de la femme du Québec (en) Traducir
8 de setembro de 2016 – 31 de xaneiro de 2017
← Julie Miville-Dechêne (en) TraducirLouise Cordeau (en) Traducir →
Grand Chief (en) Traducir Conseil de la Nation Atikamekw (en) Traducir
2006 – 2013 – André Quitich (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , Xefe tribal , funcionaria pública , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa, lingua inglesa e Lingua atikamekw Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMariette Niquay (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiGérard Ottawa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Eva Ottawa, nada en 1970 ou 1971 en Manawan, é unha política atikamekw. Foi a primeira muller elixida Gran Xefa do Conseil de la Nation Atikamekw (CNA), exercendo como tal entre 2006 e 2013, e tamén foi a primeira muller en presidir o Consello sobre a condición da muller do Quebec.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eva Ottawa naceu en Manawan, sendo filla de dous mestres dunha escola autóctona.[1] Conseguiu un certificado en "Estudos autóctonos" (1993) antes de acadar unha licenciatura en socioloxía (1996) e outra en dereito (2002).[2] Foi elixida gran xefa do Conseil de la Nation Atikamekw en 2006, cun 75% dos votos, sendo a primeira muller en ocupar este posto.[1] Foi reelixida en 2010. En 2012, presentou a referendo un proxecto de acordo co Goberno do Quebec, mais foi derrotada por opositores que pedían un enfoque máis combativo contra o goberno. Dimitiu do seu posto en 2013.[1] En 2015, foi nomeada membro da Comisión de dereitos das persoas e da mocidade.[3] En setembro de 2016, foi nomeada presidente do Consello da condición da muller do Quebec, sucedendo a Julie Miville-Dechêne.[4] Malia que o seu mandato tiña que durar cinco anos, en xaneiro de 2017 remitiulle a súa dimisión á ministra da condición da muller, Lise Thériault.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Porter, Isabelle (19 de outobro de 2016). "Eva Ottawa, un pont entre deux mondes". Le Devoir. Consultado o 24 de outubro de 2016. 
  2. Éva Ottawa (2014). "Construire notre avenir en misant sur notre héritage". Recherches amérindiennes au Québec 44 (1). p. 115-117. 
  3. "Eva Ottawa nommée présidente du Conseil du statut de la femme". Le Devoir. 8 de setembro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2016. 
  4. "L'ex-grand chef Eva Ottawa à la tête du Conseil du statut de la femme". La Presse. 8 de setembro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2016. 
  5. "Conseil du statut de la femme: Eva Ottawa quitte la présidence | Jean Philippe Angers | National". La Presse (en francés). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 1 de febreiro de 2017.