Eva González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eva María González Fernández»)
Eva González
Nacemento5 de novembro de 1980
Lugar de nacementoMairena del Alcor
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmodelo, presentadora de televisión e concursante en certames de beleza
Na rede
IMDB: nm1875209 Twitter: evagonzalezf Instagram: evagonzalezoficial Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eva María González Fernández, nada en Mairena del Alcor (Sevilla) o 5 de novembro de 1980, é unha modelo e presentadora española gañadora de Miss España 2003, e que representou a España en Miss Universo 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou no certame de Miss España en 2003 representando a Sevilla e conseguiu o título. Ademais de ser elixida Miss España, tamén se lle outorgaron os premios de Miss Simpatía e Miss Elegancia.

Tras ser a gañadora do certame, viaxou a Panamá para participar en Miss Universo 2003. Foi unha das favoritas, pero non entrou entre as 15 mellores. Vestiu un traxe de flamenco no pase de traxes nacionais.

Despois do seu reinado, Eva entrou no mundo da moda en España, sendo imaxe de firmas como Viceroy e Tampax e desfilando, entre outros, na Pasarela Cibeles, no Salón Internacional da Moda Flamenca (SIMOF) e na Semana de Moda de Sevilla.

Tamén se forxou unha carreira en televisión, en 2004 colaborou no programa UHF de Antena 3 xunto a Nuria Roca e Florentino Fernández. Ademais, apareceu nun capítulo da serie de Telecinco Los Serrano, interpretando unha profesora de Educación Física que marabillaba a todos os mozos do instituto.

En 2006 fichou por La Sexta, onde presentou o concurso Dímelo al oído xunto a Iván Sánchez e Fenómenos como Dani Mateo, Dani Martínez, Carlos Areces e David Verdaguer.

En 2007 colaborou con Andreu Buenafuente, no seu programa homónimo[1] compaxinando este traballo coa presentación do concurso musical Se llama copla en Canal Sur, programa que segue presentando na actualidade.

En 2008 participa na serie cómica La tira, tamén en La Sexta, representando a unha azafata de voo acabado de casar a quen estanlle a reformar o piso.

O 10 de febreiro de 2009 presentou a gala dos premios TP de Ouro, xunto con Manel Fuentes, emitida tamén por La Sexta. Pouco despois se fixo público a súa fichaxe por Telecinco, para presentar unha nova edición do concurso El juego del Euromillón. O programa, non obstante, foi retirado dous meses despois da grella tras obter unha media de 10,9% de cota de pantalla, un dato inferior á media da cadea. Deseguido tomo o mando de Guerra de sesos, programa diario de La Siete.

En 2010 encargouse dos resumos diarios e as galas semanais de Supervivientes 2010.

En 2012 participou como invitada especial no programa Atrapa un millón de Antena 3. Ese mesmo ano presentou Satán & Eva xunto a Manu Sánchez en Canal Sur. Tamén participou nesa mesma cadea en Este es mi pueblo como anfitrioa na edición de Mairena del Alcor.

Desde 2013 presenta en Televisión Española o programa de cociña MasterChef. Foi a presentadora das tres edicións e tamén de MasterChef Junior.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

De orixe humilde, creceu en Mairena del Alcor cos seus pais Manuel, agricultor de profesión, Encarna, a súa nai, e a súa única irmá, María.

Empezou a traballar como modelo na axencia que ten a tamén modelo Raquel Revuelta en Sevilla, Doble Erre, onde conseguiu o título de Miss Sevilla. A raíz do concurso, deixou os seus estudos para así poder dedicarse intensamente aos compromisos adquiridos como Miss España 2003.

Remisa a airear a súa vida privada, coñécese que en 2004 tivo unha relación co presentador e actor Arturo Valls, e dende ese mesmo ano ata finais de 2008 con Iker Casillas, porteiro da selección española de fútbol e do Real Madrid.

En marzo de 2009 confirmouse a súa relación co toureiro Cayetano Rivera. En novembro de 2013 coñeceuse que Eva González e Cayetano Rivera decidiran romper a súa relación tras 5 anos de noivado.[2] En agosto de 2014, confírmase a reconciliación cunha segunda oportunidade como parella.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Vania Millán
 Miss España 
2003
Sucesor:
María Jesús Ruiz